Lourenzá, 30 de agosto de 2014.- A alcaldesa de Lourenzá, en resposta a unha pregunta formulada polo Concelleiro do BNG con data 19/08/14 en relación coas bases reguladoras e criterios para adxudicación da redacción do proxecto denominado como “Museo e Centro de Interpretación da Cultura dos Pazos Galegos”, certifica con data 28/08/14, rexistro de saída nº1172 “que non houbo expediente de adxudicación, nen polo tanto, bases reguladoras para a elección da persoa que redactara o proxecto “Museo e Centro de Interpretación da Cultura dos Pazos Galegos”.(Anexase certificación da Alcaldía).
O mesmo vai acontecer co servizo de dirección de obra onde non se estipulou ningún tipo de criterio de adxudicación xa fose por puntuación ou similar, non valorando aspectos tan importantes como pode ser o prezo e sobre todo a experiencia, termo especialmente fundamental tratándose esta obra dun BIC. Non deixa de ser curioso que sexa esta dirección de obra a que fixese deixación de funcións en cuestións tan básicas como por exemplo a falla dos carteis, un aspecto inacabado cando estes figuraban expresa e literalmente no proxecto que nun principio o AGADER decidiu finanzar.
O BNG pide a intervención da fiscalía por irregularidades na actuación do PP no Pazo de Tovar para o proxecto do Museo e Centro de Interpretación da Cultura dos Pazos Galegos.
O Bloque Nacionalista Galego non vai entrar en consideracións de orde legal sobre este procedemento, aínda que resulta evidente, só hai que ler a certificación da Alcaldía, que ao prescindirse do trámite de adxudicación estase a vulnerar o disposto no Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público. É de supoñer que a equipa de Goberno de Lourenzá debe ser a máis interesada en aclarar este asunto e por iso agardamos que por parte da Alcaldía se poñan en marchan todos os mecanismos para restaurar a legalidade e nese sentido demandamos da mesma que poña o expediente en coñecemento da xustiza ordinaria, solicitando a intervención da fiscalía por supostas irregularidades no proceso.
A grande preocupación que nos move son ,por unha banda os graves prexuizos que no ámbito económico poidan provocar nas arcas do Concello o non aboamento da subvención concedida e por outra a discrecionalidade e o amiguismo na adxudicación do proxecto e da dirección da obras. Conforme ao dito, máis alá das resposabilidades legais que deberá depurar, no caso de existir, a xustiza ordinaria, entendemos que existen unhas responsabilidades políticas que se deben depurar no ámbito do Concello que non podemos esquecer quen era a contratista da obra.
Así, primeiramente, esiximos que os responsábeis técnicos da xestión da obra e os seus responsábeis políticos deben asumir as responsabilidades que lle correspondan e que nalgún caso non pode ser outra que a dimisión. A maiores demandamos que o quebranto económico sexa asumido polos responsábeis da xestión, librando desta carga aos orzamentos municipais. As veciñas e os veciños do Concello de Lourenzá non poden pagar do seu peto os furados económicos do que non son responsábeis e polos que precisamente cobran e se lucran outros que teñen moito que ver nesta desfeita.
Xa, en segundo lugar, queremos afirmar que non deixa de ser curioso que a persoa a que lle foi encargado este traballo sen bases reguladoras e expediente de adxudicación é a Sra. Maite Vidal Lourido, persoa vinculada en primeiro grado de parentesco a un membro destacado da equipa de goberno, o Tte. de Alcalde Dino Vidal. Utopicamente preferimos supoñer que non é máis que unha casualidade e que non ten nada que ver co parentesco ao que nos referimos. Aínda así o parente desta señora ten que asumir as súas responsabilidades e de non ser así facerllas asumir por parte da Alcaldía porque a dúbida mancha ao conxunto do Goberno. O BNG gustaría que a Alcaldesa aclarase se o familiar da Sra. Vidal Louridoo Tte. de Alcalde Dino Vidal participou nalgunha votación que afectase ao seu familiar en primeiro grado, pois de ser así estariamos diante dun suposto de incompatibilidade legal evidente.
Nunha comparecencia ante os medios de comunicación, o concelleiro portavoz en Lourenzá, Cesar Docampo, a responsábel comarcal, Ana Ermida, e o vice-responsábel comarcal, Xoán Antón Estúa “reclamaron responsabilidades políticas e xudiciais para aqueles que, ao marxe da legalidade e obviando a importancia do proxecto executado no Pazo de Tovar, foron quen de poñer por diante os intereses persoais dun membro do goberno local, invalidaron un proxecto de grande interese para o concello e puxeron contra as cordas as finanzas municipais facendo pagar ao conxunto da veciñanza 98.000 euros que de inicio viñan financiados pola administración galega.”


















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



