Mondoñedo, 04 de setembro de 2014.- O Partido Popular de Mondoñedo pedirá nun rogo, que presentará para ser tido en conta no próximo pleno local, que a Deputación Provincial de Lugo, titular da LU-P-3108, dea unha solución integral a esta estrada da parroquia de Figueiras e non se limite só a “poñer remendos”.
Os populares explican que a LU-P-3108 é a única vía de comunicación da que dispoñen os veciños de Figueiras para desprazarse ata a localidade e ademais de ser unha estrada “estreita e con numerosas curvas” presenta tramos en moi deteriorado estado, con “baches continuados e carencia de aglomerado”.
A través deste rogo, o Partido Popular de Mondoñedo estase a facer eco das queixas das demandas dos residentes dunha das parroquias máis afastadas do centro local. Os veciños, segundo explican os populares, “xa remitiron en reiteradas ocasións escritos tanto á Deputación coma ao Concello para que mellorasen esta vía de comunicación, que presenta un aspecto terceiromundista”.
“A Deputación non está a atender ás peticións dos veciños xa que queremos que non se limite só a parchar a estrada ou a atender tramos soltos, senón que lle dean definitivamente aos residentes a posibilidade de contar cunha estrada en condicións óptimas que permitan garantir a seguridade viaria en todo o trazado”, matizaron dende o Partido Popular.
Os populares consideran que arranxar pequenos treitos e de forma moi espazada no tempo, implica que os residentes de Figueiras “non podan contar dende fai moitos anos cunha vía en condicións”, polo que, “rogamos que, dunha vez por todas, se realicen as obras de tal forma que se lle dea unha solución integral a esta estrada”, matizaron dende o Partido Popular de Mondoñedo.
Camiño de titularidade municipal
Os populares no seu rogo tamén lle piden ao Concello de Mondoñedo que realice os acometidos necesarios no camiño de titularidade municipal que enlaza coa LU-P-3108 no lugar do Rego (Mondoñedo) e que permite a comunicación con Estelo.
Dende o Partido Popular de Mondoñedo explican que esta vía municipal, que dá continuidade á estrada de titularidade provincial, presenta un “pésimo estado de conservación e mantemento con importantes socavóns”.
Parroquia afastada e con infraestruturas pésimas
Polo tanto, os populares reiteran que a parroquia de Figueiras é unha das máis afastadas do centro urbano mentres presenta infraestruturas pésimas para o seu acceso á localidade. “Urximos que as administracións responsables, -Concello e Deputación-, dean unha solución digna ao veciños”, concluíron dende o PP local.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



