A A.C.R.D. Aturuxeiros de Bravos ten o enorme pracer de convidar a toda a cidadanía á III edición do Festival Folk Aturuxo, que terá lugar este sábado 6 de setembro, en Bravos (Ourol) e que estará cargado, un ano máis, dos xogos máis divertidos, a máis desternillante actuación clown (a cargo de Peter Punk) e, por suposto, a mellor das compañas: o noso público aturuxeiro. Este ano empezaremos á 13.30 horas con Saíñas, que nos amenizará unha sesión vermú inigualable. Xa pola noite, tras os xogos da tarde, contaremos coas actuacións de “Os Feroces da Galgueira”, “Zoadeira”, ” Balakandra” e “O Sonoro Maxín” que nos farán bailar e disfrutar ó grande. Coma sempre, entrada e acampada totalmente de balde.
III Festival Folk Aturuxo
III Festival Folk Aturuxo
Relacionado
-
Durante esta semana o persoal de Vigilancia Aduanera de Ribadeo realizou cursos de adestramento de intervención con medios non letais no marco da formación continua programada pola Regional de Aduanas de Galicia
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder