A Compañía Mircromina Títeres representa este sábado 6 de setembro ás 12.00 horas na Praza do Concello de Barreiros a peza teatral “Vacacións no Mar” do programa Cultura sobre Rodas da Vicepresidencia da Deputación.’Vacacións no Mar’ é un espectáculo de títeres de guante, no que se conxuga o tradicional estilo da cachiporra, tan eficaz dramaticamente, con uns carácteres e aconteceres renovados para o público de hoxe en día. Mircromina Títeres é unha compañía con sede estable na Mariña Lucense, en concreto en Mondoñedo. Caracterízase por espectáculos de factura propia e totalmente artesanais. Este colectivo nútrese das técnicas do teatro de títeres máis tradicional. Como titiriteiros e titiriteiras de oficio, asumen a concepción, realización e representación das súas obras: constrúen os bonecos, confeccionan o vestiario, deseñan e nalgúns casos constrúen os decorados, os teatriños e o atrezzo, e crean as historias e mesmo parte da música dos seus espectáculos.
‘Vacacións no mar’ en Barreiros
‘Vacacións no mar’ en Barreiros
Relacionado
-
Éxito do campus de baloncesto Sublime, que se está a desenvolver estes días en Ribadeo
-
O Espazo Cultural El Liceo, de Navia, acolle este verán dúas destacadas exposicións que ofrecen ao público unha experiencia artística única, baseada na exploración da luz, a escuridade e a materia transformada
-
O restaurante ribadense El Oviedo celebra unha cata de viño única xunto co enólogo e adegueiro Manu Méndez