Lugo, 5 de setembro de 2014.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo, José Manuel Balseiro, replicou este venres ao voceiro socialista na Deputación, Manuel Martínez, que tanto el como o PSOE deberían aplicar o mesmo grao de esixencia á hora de reclamar dimisións. Así o asegurou o popular despois de que esta mañá Martínez reclamase a dimisión do alcalde de Guitiriz tras a sentenza sobre a obra da Rúa do Mercado.
“Despois do escoitado ao señor Martínez, supoñemos que mañá tanto este, como Besteiro e o PSOE sairán reclamando a dimisión da alcaldesa de Viveiro e dos edís socialistas que están a piques da apertura do xuízo oral e de ser procesados por presuntos graves delitos de prevaricación urbanística”, asegurou Balseiro.
O secretario xeral dos populares lucenses agarda que os socialistas actúen con coherencia e non demanden a outros partidos o que eles mesmos non son capaces de facer.
En todo caso, Balseiro matiza que mentres no conflito de Guitiriz estase a falar dunha cuestión administrativa, -onde ademais a sentenza é favorable aos intereses do Concello e deixa en evidencia á Deputación-, no caso de Viveiro o que se discute e se algúns edís socialistas puideron incorrer en responsabilidade penal ao outorgar licencias ilegais a través do silencio administrativo, sen dispoñer dos informes preceptivos.
Balseiro chama á reflexión aos socialistas e agarda que actúen con “coherencia e cun mínimo de criterio, sempre dende o máximo respecto á xustiza”.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



