O entorno da praia da Marosa en Burela acollerá este venres 12 e sábado 13 de setembro o Festival Osa do Mar, unha iniciativa da asociación cultural Fanto Fantini en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo que reunirá a 23 grupos do panorama pop-rock galego e de fóra de Galiza.
O Festival Osa do Mar, colle o seu nome dun xogo de palabras do lugar onde se vai celebrar, a praia da Marosa en Burela. Esta iniciativa, “que nace para quedarse”, segundo afirmou Antonio Veiga durante a súa presentación, busca ofrecer “unha fin de semana de festa fin de vrao completa”, con boa música alternativa e underground galega como fío condutor mais ofrecendo outras actividades deportivas e culturais de interese, como un campionato de surf, exhibicións de graffitis, ruta en bicicleta de montaña, campionato BMX ou actividades infantís.
Reivindicar que A Mariña está viva
Precisamente un dos obxectivos do Festival Osa do Mar é “reivindicar que A Mariña de Lugo está viva e en movemento, que somos capaces de organizar eventos culturais diferentes e que hai espazo e oportunidade para dar unha imaxe dinámica e moderna dunha zona con un potencial enorme en todos os sensos”, destacou Marcos Reimunde, un dos organizadores.
Xunto a Diego Campo e a Adrián Canoura explicaron que Osa do Mar pretende ser un “escaparate para os grupos de música alternativa que hai en Galiza” e “ofrecer ao público da Mariña a posibilidade de escoitar un estilo de música para o que non existía ningún tipo de festival”.
23 grupos en 2 días de festival
O recinto do festival, na praia da Marosa, acollerá a 23 grupos entre os dous días (10 o venres pola noite, 3 na sesión vermú do sábado e outros 10 o sábado pola noite) de estilos que van dende o rock, ao pop, indie, ou DJ’s e procedentes da Mariña, do resto de Galiza e tamén de Asturias e o Bierzo. Entre eles hai nomes como Daniella Holland, Skholma, Los Septiembre, Sunday Morning Club, Ataque Escampe, Hama Prince, Moondogs Blues Party, Acid Mess, The Glockenwise, The Brosas, Músculo, Dj Chente, Elementary, Rockatansky Brothers, Remakers, Disco Episcopal, Batuko Tabanka, Grampoder, Santa Rita, Kilimanjaro, Das Kapital, Triángulo de Amor Bizarro, Cró, Guerrera, Unicornibot ou Orquesta Metamovida.
A entrada para asistir ao festival é de 10 euros para os 2 días en venta anticipada e 14 en taquilla e 6 en anticipada e 8 en taquilla se é só para un día. “Tentamos que o prezo non fora unha disculpa para non vir ao festival”, explicaron os organizadores, que agardan unha afluencia dunhas 1.000 persoas, chegadas de toda Galiza e de comunidades limítrofes. Toda a información do festival e a venda de entradas está en www.osadomar.com.
Actividades complementarias
Ao longo dos dous días de festival, ademais de música haberá outras actividades nesta “festa de fin de vrao na Mariña”, como campionato BMX, campionato de Surf, Ruta BTT, exhibición de graffiti, ou obradoiro de construción de instrumentos musicais con material de refugallo.
O recinto do festival tamén contará con zonas de exposición, zonas de comida e de acampada. Haberá transporte de ida e volta dende Burela ata a praia da Marosa e diversos hoteis da localidade fan prezos especiais para quen queira quedar a durmir.





















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



