Lugo, 12 de setembro de 2014. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que dirixe o nacionalista Antonio Veiga, destinará 51.000 euros a financiar diversas actividades culturais e turísticas en Mondoñedo. O convenio entre a institución provincial e o Concello de Mondoñedo foi aprobado este venres na Xunta de Goberno da Deputación, que estivo presidida por Antonio Veiga.
O convenio, titulado Mondoñedo Cultura Activa, recolle diversas actividades e propostas do concello mindoniense. Entre outras cousas, permitirá manter aberta a Cova do Rei Cintolo mediante visitas guiadas por un arqueólogo. Ademais, a Vicepresidencia da Deputación contribuirá ao financiamento da Escoña Municipal de Música, a unha nova edición dos premios de poesía Leiras Pulpeiro e Díaz Jácome e servirá para a sinalización do roteiro cultural Leiras Pulpeiro, creado no 2012 coincidindo co centenario do pasamento do insigne escritor mindoniense.
O deputado da área de Cultura da Deputación, o tamén nacionalista Mario Outeiro, explicou en rolda de prensa logo da Xunta de Goberno que este convenio “é mostra da plena colaboración existente entre a área de Cultura da Deputación e o Concello de Mondoñedo e do compromiso do Goberno municipal de Mondoñedo por poñer en valor a historia e a cultura desta vila como fonte tamén de atracción turística”.
Arqueólogo para a realización de visitas guiadas á Cova do Rei Cintolo
A Cova do Rei Centolo, situada na parroquia de Argomoso no Concello de Mondoñedo, foi declarado Conxunto Histórico Artístico en 1985. Esta parroquia da comarca da mariña conta con a maior afluencia de público, constituíndo as súas covas unha fonte de riqueza para o seu concello, pois cada ano atrae a máis de 1.000 visitantes. É Ademais un referente natural, patrimonial e cultural de primeira orde, único en Galicia, que conserva súa estrutura natural tal y como se formou fai millóns de anos, no chamado período Cámbrico da Era Primaria e conta cunha lonxitude de 6.500 m de percorrido explorado, converténdose na cova máis grande de Galicia, e que conta cun conxunto de salas, pequenas fiestras, incontables recovecos, ríos subterráneos ou charcos de pedra que se pechan sobre si mesmos, non exento de dificultade, polo que hai que visitala acompañados por un arqueólogo experto e especializado neste entorno natural.
Como referente natural, por xeoloxía, Rei Cintolo sitúase no macizo calizo de Mondoñedo correspondente a un afloramento calcáreo (caliza de Vegadeo) que discorre dende Abadín a Mondoñedo. Estas covas, polo que vai dito, e por razóns xeolóxicas, espeleolóxicas e arqueolóxicas son únicas en Galicia.
Escola Municipal de Música ‘O Pallarego’
A Escola Municipal de Música, é un centro de titularidade pública que depende directamente do Concello de Mondoñedo e que desenvolve a súa actividade todo o ano. Neste proxecto, o Concello de Mondoñedo presenta unha oferta diversa de actividades e abrangue a persoas de diversas idades para que poidan iniciar a súa formación e ampliar as súas capacidades e cultura musicais. Ademais, a escola posúe unha gran capacidade dinamizadora da vida social dentro do concello tanto pola actividade que xera como pola participación directa en diversas actividades de gran relevancia social.
Organización de actividades culturais de reforzo ao longo do ano
Nesta actividade se está a falar non so de tentar ofertar un paquete de actividades culturais diverso que chegue aos distintos eidos da mesma, senón que tamén se tenta, a través do referido programa, consagrar –dende o seu patrimonio histórico – cultural e a súa tradición cultural- o valor do Concello de Mondoñedo como potencial de referencia cultural na zona.
Entre principais actos culturais previstos cabe destacar os seguintes: os actos de homenaxe ao escritor Álvaro Cunqueiro (28 de febreiro); o Entroido (Febreiro- marzo), as xornadas de arqueoloxía (decembro), actuacións musicais, gastos de impresión de promoción dos mercados de verán e a súa distribución, etc.
Sinalización do roteiro cultural Leiras Pulpeiro
Coincidindo co centenario do pasamento de Manuel Leiras Pulpeiro, no ano 2012, creouse un roteiro cultural, que se inicia no Centro Cultural de Alcántara, espazo dedicado a divulgar a vida e obra de sobranceiros mindonienses, e discorre por lugares vinculados á súa biografía (casas que habitou, a campa na que repousa), a súa obra (o Coto, a Pena do Unto, ou o Dolmen da Recadieira); e á súa actividade como médico, e visita paisaxes, como a Fervenza, especialmente amadas polo autor, entre outros fitos de interese histórico, etnográfico e cultural.
Preténdese pois, a posta en valor deste roteiro a través da súa correcta sinalización, mediante paneis informativos de distintos tamaños e a instalación de madeira tratada con frechas indicativas do mesmo.
III premio de poesía Leiras Pulpeiro e XV premio Díaz Jácome para novos creadores
Con estes premios preténdese fomentar a poesía ao tempo que se lembra a memoria de dous persoeiros ilustres e relevantes na cultura mindoniense. Este evento está pensado para a divulgación e posta en valor de dúas figuras clave que constitúen un activo fundamental do patrimonio cultural deste municipio.
Por unha banda, Manuel Leiras Pulpeiro, naceu en 1854 en Mondoñedo, importante centro eclesiástico e unha das antigas capitais galegas. Iniciou os estudos de latín e humanidades no Seminario Diocesano. Deixando a un lado os seus estudos eclesiásticos mais tarde decantarase pola medicina e exercerá como médico na súa cidade. Leiras Pulpeiro é considerado o “médico dos pobres” e poeta. A pesar de proceder da clase acomodada foi unha persoa preocupada polas condicións sanitarias da xente humilde.
O renome alcanzado como poeta galego levarao a que a Real Academia Galega o designe en 1905 como membros numerario, honor que modestamente foi rexeitado. Sen embargo legara a esta institución o valioso material etnográfico e léxico recollido durante toda a súa vida.
A riqueza da súa produción literaria abarca refráns, adaxios, cantares, adiviñas, vocabularios… O enxalzamento da Mariña do médico dos pobres fai que a maior parte da temática sexa costumista. A súa obra canta aos costumes, á vida e os sentimentos da xente da Mariña lucense, e fíxoo na lingua que falaban os labradores e a xente común, moi rica en léxico e en xiros expresivos. O poeta destaca pola súa valoración da linguaxe popular; este feito levouno a compoñer un extenso vocabulario e unha colección de refráns e frases feitas de boca da xente, así como unha descrición dos costumes e crenzas da poboación labrega, que constitúe un auténtico tratado de antropoloxía cultural da Galicia rural dos albores so século XX.
Ademais da poesía costumista, Leiras Pulpeiro cultivou a poesía patriótica, levando a figura do Mariscal de Pardo de Cela á categoría de mito galeguista, abanderado da liberdade. En 1911 publica Cantares Galegos no que inclúe xunto as poesías mais coñecidas, de contido social, outras de temática costumista ou intimista. Manuel Leiras Pulpeiro morre o 19 de novembro de 1912, deixando so unha obra publicada. Postumamente publicarase Obras completas, Tomo I na editora Nós da Coruña, con oitenta e oito novos poemas. O resto da súa produción literaria será reunida en 1970 polo académico Xosé Luís Franco Grande baixo o titulo Obra Completa.
Por outra banda, José Díaz Jácome, naceu na vila de Mondoñedo, da cal chegou a ser Cronista Oficial e Fillo Predilecto. Como escritor foi membro da chamada Xeración do 36 e adscribiuse, da man do seu amigo e coterráneo Álvaro Cunqueiro, á liña poética neotrobadurista, en cuxo desempeño demostrou unha notable habilidade. Publicou as súas primeiras obras poéticas en A Voz de Mondoñedo, Vallibria e outros xornais galegos e asturianos.
As súas obras máis destacables son: Primeiras cantigas de amor (1936), cun epílogo de Cunqueiro; A pegada do anxo (1943) e Muíño Fidel (1983). Foi galardoado co Primeiro Premio Xogos Florais de Vigo, pola súa poesía A lenda de Cristo e coa Flor Natural de certames de Bos Aires, Montevideo, Nova York e Barcelona. Ademais, en 1996, a Xunta de Galicia concedeulle a Medalla Castelao.
Como xornalista, foi redactor xefe de “O Pensamento Navarro” e director das revistas asturianas Albor, Cadernos de Poesía e Pregón nos anos corenta. A principios dos cincuenta foi redactor xefe do Faro de Vigo, e pouco despois pasou a dirixir, en Oviedo, o diario A Voz de Asturias, cargo no que permaneceu ata a súa xubilación en 1983. Foi ata a súa morte presidente de honra da Asociación da Prensa de Oviedo.





















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



