Lugo, 15 de setembro de 2014. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, participou esta tarde na presentación da decimosexta edición da carreira popular Concello de Viveiro-Memorial Julián Bernal, que se desenvolverá a próxima fin de semana na cidade do Landro e que este ano tamén servirá de homenaxe á atleta lucense Alessandra Aguilar. Os organizadores esperan contar con máis de 450 atletas –máis de 200 nas categorías inferiores e uns 200 na proba absoluta- chegados desde todos os puntos de Galiza e do resto do Estado.
A proba, organizada polo Club Deportivo Egovarros e o Concello de Viveiro, en colaboración coa institución provincial, terá a súa primeira cita o sábado. Será a quenda para os máis pequenos da casa, que competirán nun circuíto instalado nas inmediacións do pavillón Municipal. Participarán un total de nove categorías, desde os biberón (de 0 a 3 anos) ata as rapazas cadetes, e as carreiras darán comezo ás cinco da tarde.
A quenda para os maiores será un día despois, coa proba absoluta, na que tomarán parte cadetes –só os masculinos-, xuvenís, séniors e veteranos. A liña de saída e chegada estará tamén situada no pavillón Municipal e os atletas deberán darlle dúas voltas a un circuíto que discorrerá polo paseo marítimo da cidade do Landro, con xiros na cruz vermella e en Sacido, e pola praia de Covas. Serán un total de 13 quilómetros. A saída darase ás 11.30 horas e ao final da proba haberá unha pinchada para os participantes e os seus acompañantes.
Homenaxe a Alessandra Aguilar
O Club Deportivo Egovarros de Viveiro quixo dedicarlle esta decimosexta edición á atleta luguesa Alessandra Aguilar. “Cremos que agora mesmo é a atleta máis representativa que temos en Galiza. É de Lugo e, ademais, seu pai leva moitos anos correndo con nós. Comentámoslle a posibilidade e estiveron encantados. Esperamos poder contar coa súa presenza o domingo, pero aínda non é seguro que se achegue porque está recuperándose dunha lesión”, sinalou Paco Rodríguez, presidente do club viveirense.
Apoio ás carreiras populares
O vicepresidente da Deputación e responsábel de Benestar e Deportes, o nacionalista Antonio Veiga, subliñou o apoio da área que dirixe “coas carreiras populares e o deporte afeccionado, xa que ademais de colaborar con esta de Viveiro tamén o facemos con outras na Mariña como a media-marathon das Catedrais, a subida a Santa Cruz ou a carreira popular Val das Fabas”, sinalou Veiga.
En canto á carreira de Viveiro, o nacionalista destacou que “está plenamente consolidada e é xa unha das máis importantes que temos Galiza, gracias ao pulo que lle deu desde os seus comezos o Club Deportivo Egovarros, unha entidade exemplar na Mariña polo seu traballo a prol do atletismo”, concluíu.
Premios e inscrición
A organización repartirá 450 euros en premios. Os tres mellores da proba absoluta, tanto na categoría feminina como na masculina, recibirán 100, 75 e 50 euros, respectivamente. Mentres, os tres primeiros de todas as categorías tamén serán obsequiados cun trofeo.
Aqueles que aínda non se anotaron poden facelo ata este xoves no teléfono 982 598 160 ou no enderezo electrónico egovarros@gmail.com. A inscrición é gratuíta, aínda que todos os participantes, tanto grandes coma pequenos, deberán entregar cando recollan o dorsal un alimento non perecedoiro que se lle entregará ao Banco de Alimentos de Viveiro. “Recalcáronnos que prefiren que sexan obxectos de hixiene persoal [xeles, champús, cepillos de dentes,…], xa que o que máis precisan no banco agora mesmo”, apuntou Rodríguez.























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
