Está aberto o prazo de inscrición, ata o 30 de setembro, para o 2º Curso de Cestería Tradicional, que se celebrará a partir do mes de outubro de 2014 nas antigas Escolas de Adelán (Alfoz), actual local social do Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA). Trátase dun curso gratuíto, impartido polo Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA), patrocinado pola Deputación Provincial de Lugo, polo que os alumnos pagarán unicamente o custe do material (Socios Seva – 20 € / Non Socios – 35 €). Poden inscribirse nos teléfonos 647 570 025 ou 629 785 166.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



