O eurodeputado socialista José Blanco reclamou este martes que se exclúan as prácticas artesanais respetuosas co medioambiente da prohibición da pesca de deriva na Unión Europea.
Na súa intervención na comisión de Pesca, Branco sinalou que a proposta da Comisión Europea para a prohibición total da pesca de deriva é “desproporcionada”, máxime cando se trata dun regulamento que prevé a prohibición dunha arte pesquera na súa totalidade “nun prazo de apenas tres meses”, o próximo 1 xaneiro de 2015.
“Unha prohibición que non vén acompañada de ningún estudo *socioeconómico nin ningunha previsión para *contrarrestar o impacto social e económico desta medida. Deberiamos como mínimo considerar a existencia de prácticas tradicionais de pesca de deriva *respetuosas co *medioambiente. E, desde logo, os custos desta posible prohibición tanto en términos económicos como en canto á súa dimensión social e o seu posible impacto no emprego”, reivindicou.
Segundo explicou o eurodeputado socialista, en España existen polo menos tres modelos de pesca tradicional que deberían de ser exceptuados desta medida, como o xeito galego ou algunhas andaluzas. Por iso, solicitou que se considere a excepción destas artes, así como outras europeas de carácter sostible.
Ademais, reclamou que se teña en conta o impacto desta decisión sobre o emprego e a economía das zonas en que se pesca con estas artes tradicionais. “De ser necesario, deberiamos suscitar unha moratoria da prohibición proposta ata que se dispoña dos mecanismos necesarios para adoptar esta medida de xeito sostible tanto a nivel medioambiental como económico e social”.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



