Lugo, 23 de setembro de 2014. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable das áreas de Benestar Social e Igualdade, o nacionalista Antonio Veiga, calificou este martes de “hipócrita e cínica” a postura da Xunta de Galiza en relación á violencia de xénero por “sair cada vez que se produce un asasinato dunha muller condenando a violencia machista e ao mesmo tempo non poñer en marcha as medidas necesarias para evitalas e fomentar o machismo na sociedade apoiando a segregación de nenos e nenas nos colexios”.
No discurso de clausura das 29ª Xornadas Penitenciarias Lucenses, organizadas pola Asociación Concepción Arenal e celebradas onte e hoxe no Salón de Actos da Deputación, o vicepresidente da institución provincial afirmou que o feito de que haxa que organizar unhas xornadas sobre violencia de xénero “é un mal síntoma, porque quere dicir que ese é un problema grave hoxe en día na nosa sociedade”. “Ogallá o título destas xornadas puidera ser ‘Avances conseguidos na igualdade real entre homes e mulleres”, afirmou.
Pero lamentablemente, dixo Antonio Veiga, “a violencia machista lonxe de remitir, increméntase”. Son xa 7 as mulleres mortas no que vai de ano en Galiza a mans das súas parellas ou exparellas. “Unha vez máis hai que facer un chamamento á unidade na loita contra a violencia de xénero para plántalle cara ao maltrato entre todos, pero non é suficiente, dende os poderes públicos temos a obriga de adoptar medidas concretas para erradicar as mortes machistas”, defendeu.
Neste sentido, reclamou “medidas concretas” como un plan de coeducación en todos os niveis do ensino, prestación económica durante todo o ano que garanta a independencia das vítimas, dotar aos xulgados especializados en violencia de xénero dos medios necesarios, un plan de emprego feminino e un protocolo de actuación no tratamento da violencia de xénero nos medios de comunicación. “Son todas medidas necesarias que deben ser implementadas por parte de quen ten as competencias, que é a Xunta de Galiza”, esixíu.
Discursos “hipócritas”
Antonio Veiga dixo que “é hipócrita o discurso de quen condena a violencia machista e aplica logo medidas que fomentan a desigualdade, un dobre discurso de quen se concentra tras cada asasinato ao mesmo tempo que autoriza a segregación de alumnos e alumnas por razón de sexo, que fai recortes en dependencia e educación ou diminúe os orzamentos para políticas de igualdade”. Así, denunciou que desde o ano 2009 as partidas destinadas a políticas de Igualdade da Xunta de Galiza sufriron un recorte maior ao 50% e elimináronse a maioría dos programas para a prevención da violencia de xénero.
A “volta atrás” que se está a vivir en materia de igualdade de xénero queda claramente demostrado, afirmou o responsable da área de Benestar Social e Igualdade da Deputación no proceso de “involución lexislativa” iniciado polo ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón, en temas tan sensibles como a Lei do Aborto, obrigando a toda a sociedade a volver a loitar polos dereitos que a muller xa tiña recoñecidos. “Un dereito fundamental como debe ser o do aborto ten que poder exercerse na Sanidade Pública e non recoñecer este dereito afonda nas desigualdades sociais, ao dividir as mulleres entre as que poderán desprazarse, moverse e acudir a outros lugares e as que se terán que conformar con prácticas clandestinas e riscos para a súa saúde e a súa vida, como no século pasado”, criticou Antonio Veiga, que afirmou que “se o PP finalmente retira a reforma desta lei será pola presión social exercida”.
A diminución no número de denuncias é un “espellismo”
Para Antonio Veiga, a diminución no número de denuncias presentadas por violencia de xénero é un “espellismo” provocado pola crise económica que fai que moitas mulleres rexeiten denunciar polo medo a non atopar traballo e poder ser independentes economicamente. Neste senso, defendeu que é urxente pór en marcha medidas laborais de discriminación positiva para evitar que o drama do paro continúe afectando de xeito máis virulento ás mulleres e para loitar contra a discriminación salarial feminina. En moitas ocasións, a falta de recursos impide que unha muller rompa definitivamente co seu agresor. A reforma laboral, a redución das prestacións por desemprego, as desigualdades salariais, as baixísimas pensións son tamén factores que inciden na violencia de xénero, argumentou.
“O PP lexisla contra a igualdade cando aplica recortes sociais que despois recaen sobre ás costas da mulleres”, afirmou asemade Antonio Veiga. “A desculpa da crise está a levar por diante avances que estaban en proceso de se consolidar. A falta de escolas infantís, o desmantelamento das políticas que amparan a dependencia, o ataque aos servizos públicos eliminan a cobertura imprescindíbel que deben ter as mulleres para a súa necesaria autonomía e independencia económicas”, criticou.
Ancelotti e Toni Nadal
Finalmente, o vicepresidente nacionalista dixo que “a violencia machista é expresión da desigualdade entre homes e mulleres e é unha obriga de todos combater o machismo instalado na sociedade” e criticou con dureza as declaracións esfectuadas estes días por persoas como Carlo Ancelotti, adestrador do Real Madrid, que dixo que “o fútbol non é un xogo de señoritas” ou de Toni Nadal dicindo que unha muller non pode entrenar ao equipo de Copa Davis masculino. “Estas afirmacións deben ser combatidas con toda belixerancia”, dixo Antonio Veiga.



















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



