Este xoves remata o prazo para apuntarse á vindeira ruta que a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá vai facer pola Ribeira Sacra este domingo día 28 de Setembro de 2014. Sairase ás 07.30 horas do cantón de Lourenzá. Disfrutaremos da Ruta PR-G86, duns 12 km e de dificultade baixa para unha vez rematada esta visitar a Adega Algueira, onde faremos unha cata e comeremos. Xa logo pola tarde visitaremos o mirador do Sil e faremos unha visita á Alfarería de Gundivós. O custo da actividade son 30 € para os socios e 35 para os non socios. Para apuntarse chamar aos teléfonos 982 121006 (Pepe) ou 619 828 784 (Pura) ou a través do correo electrónico terrasdelourenza@gmail.com.





















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



