A Deputación de Lugo aprobará este venres en Xunta de Goberno a devolución da paga extra a todos os seus traballadores, os cales percibirán na nómina do mes de outubro a máxima cantidade que a día de hoxe a Deputación pode abonar amparada por Lei. Así o anunciou este luns o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, quen lembrou que esta parte proporcional é a correspondente a 44 días, os que van do 1 de xuño ó 14 de xullo de 2012, data de entrada en vigor do Decreto que suprimiu este dereito laboral de todos os empregados públicos.
O Presidente avanzou tamén que, de xeito inmediato, convocará aos representantes sindicais para poder abonar o 75% restante no mes de xaneiro e conseguir que, a principios do 2015, 487 traballadores da Deputación, isto é, todo o persoal funcionario e laboral teña recuperado a totalidade “da paga extra que en decembro de 2012 foi incautada a todos os traballadores públicos da Deputación, e de todas as administracións deste país, por unha decisión do Goberno de Rajoy, secundada en Galicia polo Goberno que preside Núñez Feijóo”.
Acompañado polo Deputado de Réxime Interior, Miguel Ángel Sotuela, Gómez Besteiro destacou que “coa decisión que tomaremos o vindeiro venres en Xunta de Goberno chegaremos ó final dun camiño moi longo”, durante o que o Goberno provincial mantivo unha postura de firme defensa das condicións laborais e os dereitos adquiridos polos traballadores da Deputación.
Este “longo camiño” ó que fixo referencia Besteiro, comezou en setembro de 2012, cando o Pleno provincial acordou, co voto en contra do PP, solicitar á Consellería da Presidencia que pedira ó Consello Consultivo un dictame acerca da intención da Deputación de compensar a supresión desta paga sen incurrir en ningunha ilegalidade ou fraude de lei.
Defensa dos dereitos dos empregados públicos
Este compromiso coa defensa dos dereitos dos traballadores materializouse o pasado mes de abril, cun Acordo Sindical maioritario e sen votos en contra, no que destacaba o compromiso por parte do Goberno provincial de restituír a paga extraordinaria de decembro de 2012 o antes posible, tal e como se dispón agora a facer, así como o de non presentar ningún tipo de recurso ás reclamacións das centrais sindicais, que contaron dende o primeiro momento co respecto e apoio dos responsables provinciais.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



