O equipo de goberno de Viveiro, co ánimo de mellorar os servizos urbanos do municipio, pretende acometer, entre outras, as obras de mellora da instalación de abastecemento de auga ás parroquias de Landrove, Chavín, Valcarría e San Pedro.
Na actualidade, as roturas desta instalación son continuas, causando graves deterioros e molestias aos veciños de todas estas parroquias. O problema destas roturas fundaménta-se nas características da tubería de abastecemento, ao tratarse dunha tubería de fibro-cemento de diámetro 125 mm dunha antigüidade aproximada de 30 a 40 anos. A antigüi-dade desa tubería, así como as características do material, non soportan nin o caudal nin a presión da rede, o que propicia contínuas roturas na instalación.
En base a estes condicionantes e co obxectivo de garantir un bo servizo de abastecemen-to de auga potable aos habitantes desta zona do municipio, substituirase a tubería actual por outra de polietileno de diámetro 160 mm, co obxectivo de garantir o bo servizo da ins-talación.
O expediente para a realización desta obra xa está aprobado e a contratación realizarase mediante procedemento negociado; xa se remitiron as invitacións ás empresas para a presentación de ofertas e, previsiblemente, a contratación realizarase nas vindeiras se-manas.
Con esta obra, cuxo presuposto de contrata ascende a 30.992,06 €, o concello soluciona-rá o problema existente na rede de abastecemento de auga das parroquias de Landrove, Chavín, Valcarría e San Pedro, demostrando o seu compromiso para mellorar as infraes-truturas e servizos urbanos municipais.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



