Lugo, 2 de outubro de 2014. O vicepresidente e responsábel das áreas de Benestar e Deporte da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, asinou este xoves un convenio co Banco de Alimentos de Lugo. A través do mesmo, a asociación sen ánimo de lucro que fundou e dirixe Amadora Núñez Mera recibirá 4.300 euros que servirán para sufragar unha parte dos gastos derivados do aluguer do local no que gardan os alimentos e desde onde os distribúen.
Antonio Veiga destacou o importante traballo que realizan este tipo de colectivos, sobre todo tendo en conta a situación económica actual e os recortes levados a cabo polas administracións central e autonómica neste ámbito. “É patente que á situación que vivimos hoxe en día non chegamos por casualidade, senón que é debido ás políticas antisociais que se están practicando tanto dende o goberno do Estado como desde o da Xunta”, criticou.
Para intentar paliar esta falta de atención, Veiga subliñou que “dende a área de Benestar da Deputación non somos alleos ás penurias que está padecendo moita xente e neste sentido facemos este convenio co Banco de Alimentos de Lugo para axudarlles a sufragar os gastos do local desde onde distribúen alimentos, xa que cada vez necesitan máis espazo e máis alimentos para repartir, porque cada vez son máis as persoas que, desgraciadamente, se atopan nunha situación extrema e precaria”, lamentou o vicepresidente da Deputación.
Colaboración cos colectivos deste ámbito
Veiga remarcou que desde o organismo que dirixe non van deixar de colaborar con estas asociacións, dado que fan un traballo moi importante no momento actual que vivimos. “Facemos un convenio con este Banco de Alimentos do mesmo xeito que temos liñas de colaboración semellantes con moitas outras asociacións que traballan no ámbito do benestar e no de cubrir necesidades perentorias. Dende a área de Benestar, ao contrario que a Xunta e o Estado, somos conscientes da situación que se está vivindo e, na medida das nosas posibilidades e aproveitando ao máximo os recursos, trataremos de axudar a cubrir as carencias existentes”, concluíu.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



