Santiago, outubro 2014.- A Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade mental de Galicia, FEAFES, únese un ano máis ás moitas voces que se alzan a propósito do Día Mundial da Saúde Mental (10 de outubro) na defensa dos dereitos e necesidades das persoas con enfermidade mental reivindicando unha mellor e maior atención a este colectivo.
Como entidade creada e composta por familiares e persoas con enfermidade mental, non podemos senón darlle voz a eles para que sexan quen fagan visibles as súas maiores preocupacións e necesidades. Estamos a falar dunha enfermidade que afecta a máis de 41.500 persoas en toda Galicia e que supón un xiro de 360 graos na vida da persoa que a padece e dos seus achegados.
As persoas con diagnósticos mentais están a lanzar unha mensaxe cada vez máis clara sobre a necesidade de axustar a súa medicación á dose mínima que lles permita desenvolver unha vida o máis normalizada posible cos menores efectos secundarios. Hoxe en día, a medicación é a única vía que teñen estas persoas para estabilizar a súa enfermidade, mais en moitos casos produce unas secuelas devastadoras sobre os pacientes e non sempre se realiza un traballo o suficientemente preciso para acadar a dose ideal, que é distinta en cada individuo.
Por iso, as persoas con enfermidade mental queren lanzar unha mensaxe ós psiquiatras e profesionais da saúde mental para que tomen consciencia da vital importancia que ten traballar rigorosamente no axuste da medicación de cada paciente, tratando de acadar a mínima dose posible para que a persoa con enfermidade mental poida desenvolver unha vida activa e satisfactoria cos menores efectos provocados pola medicación.
O trastorno mental, unha enfermidade de dous
As enfermidades mentais xeran unha importante carga familiar xa que a atención dun paciente psiquiátrico trae asociada toda unha serie de alteracións na vida do coidador. Os datos indican que a atención á saúde mental realizada por coidadores informais supón o 88% do total, na maioría dos casos soportada pola nai do paciente.
Dende FEAFES Galicia queremos facer ver que unha abordaxe integral da enfermidade mental tamén pasa pola adecuada atención ó entorno máis próximo, que a miúdo precisa de apoios específicos como programas de axuda mutua, intervención familiar, etc. Non esquezamos que os amigos e familiares son un elemento esencial na recuperación das persoas con enfermidade mental, sendo ademais os segundos, hoxe en día, o único axente transformador da realidade deste colectivo.
Un problema máis alá do sanitario
Baixo a premisa de que as enfermidades mentais eran un problema esencialmente sanitario, durante moito tempo non se afrontou a súa atención dun xeito integral, sendo esquecidos moitos aspectos da vida da persoa que van máis alá dos hospitais. Dende FEAFES Galicia queremos facer ver que a cura da enfermidade mental pasa por unha abordaxe completa da situación da persoa que a padece, atendendo a todos os seus condicionantes e ós do seu entorno.
Por iso, e tendo en conta que a falta dunha atención axeitada á saúde mental leva inequivocamente á exclusión social de quen padece a enfermidade, FEAFES Galicia reclama a dotación de apoios e soportes que permitan facer fronte á plena realidade destas persoas. A detección precoz, a continuidade nos tratamentos e o apoio á autonomía dos pacientes son eixos nos que se debería traballar para mellorar esta situación.
Ademais, como cidadáns de pleno dereito, as persoas con trastorno mental deben ter os mesmos dereitos en todos os ámbitos da súa vida: o emprego, a participación, o ocio ou o acceso a calquera servizo deben estar garantidos para este colectivo.
FEAFES Galicia, a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia, é unha entidade sen ánimo de lucro constituída en 1995. A súa misión é representar os dereitos e necesidades do movemento asociativo das persoas con enfermidade mental. De carácter social, esta entidade ten como obxectivo principal a adopción de medidas que contribúan á mellora da calidade de vida das persoas que sofren problemas de saúde mental e a dos seus familiares.
O ámbito de actuación de FEAFES Galicia abrangue todo o territorio autonómico. Actualmente agrupa a 14 asociacións repartidas por toda a comunidade galega, posúe centros e servizos en 30 localidades e conta cun total de 4.700 socios.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



