Foz, 6 de outubro de 2014. A escola infantil Nosa Señora da Purificación, de Foz, empezou este luns o curso escolar despois de rematar o pasado venres as obras de mellora realizadas no centro pola Consellería de Traballo e Benestar. As instalacións foron visitadas esta mañá pola delegada territorial da Xunta de Galicia, Raquel Arias, polo alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, e pola concelleira de Educación, Mercedes González Alonso.
O rexedor municipal explicou que “a gardería Nosa Señora da Purificación iniciou hoxe a súa actividade con total normalidade despois de recibirse o pasado venres as obras importantes realizadas para reformar os chans que quedaban de madeira. Esta actuación fíxose en prazo e estamos moi contentos con esta obra totalmente financiada pola Consellería de Traballo e Benestar con cerca de 90.000 euros. É un investimento máis desta consellería no noso concello, o cal queremos agradecer a Raquel Arias, que estivo hoxe no centro, pero tamén directamente á conselleira, porque sabe dos problemas que ten Foz e a verdade é que é unha consellería que está traballando moito no noso concello. Neste caso nunha gardería onde 53 nenos e nenas van ter de novo este servizo. Esta é unha das garderías máis antigas da Mariña e estamos moi contentos porque a obra quedou perfectamente”.
Javier Castiñeira agradeceu “sobre todo aos pais, que tiveron a paciencia de esperar un par de semanas para o comezo do curso, e tamén aos profesores, que levaron moi ben estas circunstancias”.
O alcalde comentou ademais que “houbo quen quixo ensombrecer isto, coma sempre; aqueles que levan catro anos protestando en diferentes cadeiras e con distintas chaquetas, agora cunha chaqueta máis vermella e antes coa de Unifoz. Pero é xente á que lle molesta que se estean facendo obras, mentres que o resto dos cidadáns do concello de Foz estamos contentísimos de que a Consellería de Traballo e Benestar investira na nosa gardería cerca de 90.000 euros”.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



