Burela, 20 de outubro de 2014.- A Xunta consignou máis de 6 millóns de euros nos orzamentos de 2015 para o acceso ao porto de Burela. Segundo o alcalde, José Mª González Barcia esta cantidade será suficiente para a realización desta obra. E subliña que se trata dunha excelente noticia para Burela e para a comarca da Mariña.
O rexedor explicou que “a Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, ven de consignar nos presupostos para o vindeiro ano 2015 un total de 6.120.000 euros para o acceso ao porto de Burela. Tendo en conta que no orzamento da Xunta de 2014 se consignaban aproximadamente 880.000 euros e tendo en conta que o importe total da obra era de 7.500.000 euros, pero a empresa adxudicataria presentou unha oferta por importe de 6.900.000 euros, podemos dicir con total convicción que a cantidade que se consigna para o ano 2015 por parte da Xunta: 6.120.000 euros será suficiente para poder levar a cabo a obra durante todo ese ano, sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitan”.
Para o alcalde burelés: “isto é unha excelente noticia para Burela e para A Mariña porque o porto de Burela non soamente é un pulmón económico do noso concello, que tamén, senón que é un dos pulmóns económicos máis importantes que ten esta comarca”.
Desde o equipo de goberno do Concello de Burela “estamos moi satisfeitos do compromiso con Burela, unha vez máis ratificado vía presupostos, da Xunta, do seu presidente, Alberto Núñez Feijoo, e de todo o seu goberno. Quero agradecerlle a Núñez Feijoo que cumpra con Burela, algo que eu sabía que así sería porque o presidente da Xunta é unha persoa de palabra”, dixo González Barcia. O alcalde engadiu que “si a isto lle sumamos o millón de euros que se presupostan o vindeiro ano para a ampliación do hospital da Costa, podemos ver que Burela sae moi ben tratada nos orzamentos da Xunta para 2015”.
Precisamente o alcalde, o concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle, e técnicos do Concello e da empresa que acometerá as obras de acceso ao porto (Copasa) visitaron o pasado venres esa zona.

























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



