Lugo, 20 de outubro de 2014.- Os populares salientan que Lugo volve a ser a provincia galega con máis investimento por habitante en 2015. Así o aseguran tras coñecerse os primeiros datos dos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano próximo segundo os que Lugo recibirá 732 euros por habitante, fronte aos 673 €/hab de Ourense, 401 €/hab da Coruña e 396 €/hab de Pontevedra.
Desde o PP de Lugo describiron os Orzamentos da Xunta para 2015 como unhas contas rigorosas que demostran o compromiso do Goberno Galego coa provincia e mostraron a súa satisfacción por ser a provincia con maior investimento por habitante de Galicia para 2015.
Infraestruturas
Destacaron os populares as inversións da Consellería de MATI, quen incrementou nun 64%, sumando 37 millóns de euros a partida con respecto ao ano pasado. Manifestaron que mentres o ano pasado, a inversión de MATI para Lugo foi de 57,82M€ este ano é de 94,87 M€.
Dos investimentos do departamento que dirixe Ethel Vázquez, os populares resaltaron o incremento de máis de 12M€ en estradas da provincia puxeron en valor a partida orzamentaria para a VAP Sarria- Monforte, de 18,87 M€, producíndose así unha suba de 11 millóns de euros con respecto ao ano pasado (no 2014 foi de 7.97M€) Tamén explicaron que o tramo do corredor entre Celeiro e San Cibrao contará con 9.64M€
Resaltaron os populares que na partida de augas tamén se produce un incremento con respecto ao ano pasado, concretamente unha suba de 23.66 millóns de euros, así coma na de vivenda, onde pasamos de 3.22 M€ a 7,29 M€
A importancia das inversións en estradas contempladas no documento, que se duplica con respecto ao ano pasado. Salientan os populares que no ano 2014 a inversión da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, para estradas foi de 29,94M€ e este ano é de 42,25%.
Resaltaron os populares os 18,87 M€ que destina a Consellería de MATI para a VAP Sarria- Monforte, o que significa un incremento de 10.9M€ con respecto ao 2014.
























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



