Xove, 22 de outubro de 2014.- Este curso, que comezou o pasado luns 20 e vai rematar o venres 24 deste mes de outubro, estase a desenvolver na Oficina de Turismo de Xove en horario de tarde. No mesmo participan 20 persoas de Xove, todos propietarios e relacionados co mundo agrogandeiro. O curso foi organizado polo ISSGA da Consellería de Traballo e Benestar, e contou coa colaboración do Concello de Xove e do Ministerio de Agricultura e Medioambiente.
Destinatarios: persoas traballadoras maiores de idade ocupadas ou desempregadas na actividade a que se dirixe o curso, con residencia ou centro de traballo actual ou anterior nalgún dos concellos incluídos nos plans de zona.
Lugar: Oficina de Turismo Xove, Avda da Diputación s/n, 27870 Xove – Lugo
Modalidade: presencial
Datas: do 20 de outubro ao 24 de outubro
Horario: de 16:00 h a 20:00 h
Duración: 18 h
Número de prazas: 20
Teléfono de contacto: 986 78 35 82
Máis información na web do ISSGA: http://issga.xunta.es/























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



