O alumnado de 1º de Bacharelato do IES Ribadeo Dionisio Gamallo comezou o curso cunha viaxe a Alemaña na primeira parte dunha actividade de intercambio que veñen realizando dende fai varios anos.
A través deste proxecto o alumnado toma contacto coa realidade social e académica europea durante 10 días, e cara o final de curso o alumando alemán devolve a visita ás familias ribadenses. Un intercambio que para os alemáns ten prioridade lingüística, xa que os estudo da lingua castelá é obrigatorio durante varios cursos (e de feito comeza a ser a segunda lingua estranxeira máis solicitada por diante do francés), e que para o noso alumnado é fundamentalmente cultural e académico, e sírvelles para coñecer de primeira man o currículo equivalente de estudos e as particularidades do ensino nun país punteiro en moitos aspectos, e referente fundamental do noso futuro común.
Durante a nosa estadía no Karl von Frisch Gymnasium de Dusslingen, ó sur de Stuttgart, pequena poboación cercana á cidade universitaria de Tübingen o alumnado comparte clases de inglés e lingua española, aprende a elaborar o pan máis típico (Brezel), coñece os lugares máis emblemáticos do sur da nazón e realizamos diversas saídas que nos permiten coñecer tanto vilas e ciudades cercanas (Stuttgart, Ludswigburg, Esslingen, Friburgo,…) como outras comunidades-estado.
A experiencia estética, literaria ou histórica vese personificada a través da figura e das obras de Hölderlin, Goethe, Schiller, Hegel,… nos lugares onde desenvolveron o seu pensamento e a súa vida. A lección histórica estudada nos libros faise presente coa visita ó campo de concentración de Struthof, cercano á Strasbourg, e tamén co paseo por München, capital do estado de Baviera e terceira cidade de Alemania por número de habitantes.
En definitiva, cremos que a experiencia dun intercambio internacional, o feito de compartir pupitre noutro estado europeo, visitar lugares significativos da historia, da economía, da arte e da literatura universal, supón un aliciente formativo moi importante, e complementa o labor educativo que desenvolvemos no noso Centro.
Mª Ángeles Ríos Gómez, J. Manuel Yáñez Dablanca
Coordinadores do intercambio.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



