Foz, 28 de outubro de 2014.- Máis de 400 vehículos participarán na XI edición do ruta Montes da Mariña que organizan Os Correcamiños 4×4, de Foz para este fin de semana. Na presentación, celebrada esta tarde, participou o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira.
Os organizadores explicaron que “a día de hoxe están inscritos 200 vehículos 4×4, 120 quads e 80 motos. Acudirán persoas de toda a xeografía española (Galicia, León, Asturias, País Vasco, Madrid,…) e tamén de Portugal. Durante este evento 60 vehículos da organización velarán polo bo desenvolvemento das actividades. O venres, 31 de outubro, haberá a recepción de participantes; o sábado, 1 de novembro, desenvolverase unha ruta turística polo concello de Foz e haberá dúas zonas especiais onde as persoas que o desexen poderán ver este evento: ás 9:30 horas na zona da canteira de caolín de Fazouro e ás 13 horas en Brea (Nois). O domingo, 2 de novembro, a partir das 10 da mañá realizaranse probas de habilidade e velocidade no circuíto da Roxa, en Vilaronte”.
O club Os Correcamiños agradece “á Deputación Provincial de Lugo, ao Concello de Foz e ao Martínez Otero a súa colaboración, así como a todos os patrocinadores que fan posible esta nova edición”.
O alcalde de Foz comentou que “será un fin de semana completo de motor, no que aparte da ruta por camiños de diferentes concellos da Mariña haberá outras actividades como carreiras no circuíto de Vilaronte, concretamente o domingo pola mañá. É unha ruta interesante, unha referencia do 4×4 na nosa comarca e isto leva a que todo o fin de semana serán moitos os participantes e afeccionados ao motor que visitarán o noso concello, o cal é positivo para o deporte do motor e tamén para a hostalería e os hoteis de Foz, para os que este fin de semana será un dos máis importantes en canto a ocupación. Polo tanto dende o Concello ofrecemos o máximo apoio e colaboración e agradecemos a Correcamiños que, un ano máis, sigan confiando no noso concello para organizar esta ruta”.
























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



