Lugo, 29 de outubro de 2014.- A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a Presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias da provincia de Lugo (AELU), Beatriz Varela, presentaron este mércores no municipio viveirense o programa gratuíto Deseña o teu plan de negocio. Trátase dunha acción formativa para 15 desempregados lucenses, que impulsa o papel emprendedor na Mariña. Esta iniciativa está financiada polo organismo provincial a través dun convenio con AELU por valor de 60.000 euros.
Lara Méndez destacou que “debemos seguir apostando pola muller como nova empresaria, creando negocios que axuden a buscar novas vías de futuro para a provincia e para as familias”. A Vicepresidenta lembrou que grazas ao convenio de colaboración coa asociación de mulleres púxeronse en marcha outras iniciativas como o Banco de Tempo. É o portal virtual que “favorece a colaboración entre mulleres e favorece a creación de traballo, nun momento no que o paro en Galicia supera o 21%”, salientou. María Loureiro agradeceu a Deputación o compromiso que ten co Concello e destacou que “as mulleres da Mariña foron sempre un dos piares fundamentales das familias. Pola súa banda, Beatriz Varela afirmou que “a muller lucense é muller emprendedora” e que por iso “debemos seguir traballando xuntos para animar as nosas mulleres a seguir emprendendo”.
Esta nova acción formativa, completamente gratuíta para as participantes, celebrarase na aula telecentro do claustro de San Francisco, entre os días 6 e 27 de novembro, de 16:00 a 20:00 horas. Deseña o teu plan de negocio ofrece 50 horas de formación en aspectos como o plan de empresa, as estratexias para a busca de financiamento, as características do mercado ou a descrición dos produtos e servizos que unha empresa debe ofrecer.
O prazo de inscrición está aberta no teléfono 982-226-991 ou en empresariaslugo@gmail.com. As inscricións formalizaranse por rigorosa orde de solicitude.
II Pacto Provincial polo Emprego
Lara Méndez destacou que “a Mariña é unha das rexións nas que máis interese espertan os cursos da Deputación, que contan sempre cun grande número de participantes”. Méndez explicou que, por exemplo, no I Pacto Provincial polo Emprego rexistráronse, só na Mariña, o 25 % de todas as solicitudes presentadas, sendo o Concello de Viveiro o que estivo á cabeza. A Vicepresidenta valorou positivamente este dato e destacou que “co I Pacto Provincial polo Emprego conseguimos incorporar ao mercado laboral a 100 dos 540 participantes, o que significa unha inserción do 20%”. Por este motivo, Lara Méndez animou ás veciñas e veciños a participar na segunda edición do Pacto Provincial polo Emprego, que contará con 72 accións formativas para máis de 1.000 desempregados da provincia de Lugo.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



