Riotorto, 4 de novembro de 2014. O vindeiro xoves, 6 de novembro, continuarán as charlas da comisión veciñal creada en Riotorto para denunciar a falla dun médico no centro de saúde e reclamar que ese posto sexa cuberto. Onte os asistentes aos encontros de Augaxosa, Moxoeira, Vilar de Santiago e Santalla amosaron o seu malestar pola situación que están a sufrir.
Mª José Pardo, membro da comisión veciñal, explicou que esas xuntanzas estanse a realizar “por todas las parroquias y todos los barrios de Riotorto, ya que es una población mayor y bastante dispersa. En casi todos los pueblos hay un local social y pretendemos reunirnos allí con la gente para que les sea más fácil poder acudir y al mismo tiempo, recoger las firmas que luego presentaremos ante la Consellería de Sanidade”.
Desde a comisión critican que nin a Consellería de Sanidade nin a delegada territorial da Xunta en Lugo, pola súa proximidade, respondan ás cartas enviadas desde Riotorto denunciando esta problemática. Mª José Pardo considera que “por lo menos podrían contestar, sobre todo la delegada territorial, que es mucho más próxima”.
Mª José Pardo asegura que, ademais do periplo rexistrado a mediados da pasada semana no que os médicos de A Pontenova tiveron que atender unha urxencia en Riotorto, o 27 de outubro a única médica que hai na localidade tivo que abandonar a súa consulta para acudir a un accidente de tráfico, deixando no centro de saúde aos doentes que tiñan cita para ese día: “estamos continuamente con problemas. La semana pasada hubo una incidencia el miércoles, y el lunes un accidente en el término municipal de Riotorto, en la carretera general. En él se murió un señor y la médica tuvo que acudir. Acababa de llegar a la consulta y tuvo que irse para asistir a un herido, que después resultó muerto. Todo ese tiempo la médica faltó de la consulta y no hubo nadie sustituyéndola. La médica tiene que asistir a todo, incluso a los accidentes de tráfico que ocurren en la carretera general”.
Desde a comisión vecinal destacan que “esto no es una población de 200 vecinos, aquí constantemente pasa algo. Estamos cerca de los 1.400 o 1.500 vecinos y la única médica que teníamos en este momento, el 27 de octubre, tuvo que desplazarse a atender al herido en el accidente; en ese caso el pobre señor falleció, pero imagínate que estuviera vivo y que tuvieran que practicarle auxilios o desplazarse a Lugo con él en la ambulancia. Quedaría desabastecido de servicio médico Riotorto durante toda la mañana y la gente que tenía cita para ese día tendría que quedarse ahí esperando. Es que con el tiempo de los demás es fácil jugar”.
A comisión vecinal acudirá o xoves a reunirse cos vecinos e a recoller firmas en Vilaseca, Santa Marta, Aldurfe e Ferreiravella.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



