A Área Pública da CIG considera que “os orzamentos da Xunta para 2015 non permitirán recuperar nin o emprego nin os salarios da e dos empregados públicos”. Por iso chama a mobilizarse o 12 de novembro ás 11.00 horas diante do Hospital da Costa en Burela.
Con estas mobilizacións a Área Pública da CIG (CIG-Ensino, CIG-Saúde e CIG-Administración) demanda un cambio nas políticas neoliberais do executivo galego; a recuperación do poder adquisitivo do persoal dependente da Xunta de Galiza e a supresión das taxas de reposición que afogan os servizos públicos minguando a súa calidade. Isto xunto coa exixencia de que se devolvan, enteiras, as pagas extra de todos estes anos.
Neste sentido denunciaron que nos últimos 5 anos as empregadas e empregados públicos perderon un 30,9% do seu poder adquisitivo. Unha situación que se mantén nestes orzamentos que, denunciaron, se limitan a recoller as liñas marcadas desde Madrid agás en aspectos como os retributivos, para os que a Xunta ten competencias que usa para manter a redución das pagas extra, a diferenza do persoal dependente da administración do Estado.
Para a Área Pública queda claro que a pretensión do executivo galego é ir desmantelando os servizos públicos. Só así se explica que desde o ano 2009 os orzamentos destinados ao ensino público diminuíran en 660 millóns de euros, o que ten provocado carencias que se evidenciaron especialmente ao comezo deste curso escolar, sobre todo coa falta de profesorado.
A este respecto, a CIG-Ensino denunciou que é absolutamente insuficiente a taxa de reposición do 50%, máis cando desde 2009 se produciron 4.000 xubilacións de profesores/as e só se ofertaron neste período, para suplilos, un total de 585 prazas.
Ante esta situación, para a CIG-Ensino é esencial que, como mínimo, a oferta de emprego sexa en igual número ás vacantes que, por xubilación ou outros motivos, se produzan e para todos os niveis educativos.
Alén da falta de profesorado, a CIG-Ensino denuncia que a redución orzamentaria vai provocar que se amplíen as diferenzas sociais ao reducirse os servizos complementarios e a atención ás necesidades especiais, porque poderán acceder a estes servizos quen teñan cartos para asumir o seu custo. Porén, destínanse 250 millóns de euros para o ensino privado concertado.
Os orzamentos en Sanidade tamén sufriron unha diminución, desde o ano 2009, en 400 millóns de euros. Unha cantidade que para a CIG-Saúde non se compensa cos 11 millóns que se incrementan para o 2015. Máis cando entende que, en realidade, estes 11 millóns de euros irían destinados a pagar os canons das privatizacións.
Fronte a isto, a CIG-Saúde alerta da diminución dos orzamentos destinados a Atención Primaria, Protección e Promoción da Saúde Pública, a Investigación Sanitaria e a formación de graduados e postgraduados.
A CIG-Saúde sostén, ao igual que a CIG-Ensino, que a taxa de reposición do 50% é completamente insuficiente xa que entre 2011 e 2014 produciuse unha amortización de máis de 3.000 prazas.





















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



