Foz, 7 de novembro de 2014. Foz acolle un ano máis as súas charlas médicas organizadas polo Concello e impartidas por profesionais médicos do Hospital da Costa, de Burela. As conferencias comezarán a vindeira semana e levaranse a cabo tódolos xoves ata finais de novembro ás 8 da tarde na Casa da Cultura de Foz. O día 13 Francisco Soriano, xerente executivo da área sanitaria, será o encargado de impartir a charla sobre o presente e o futuro do Hospital da Costa. O xoves 20 será a quenda da doctora especialista en Medicina Interna Clara Fernández Peña, quen falará sobre as enfermidades asociadas á idade. E xa o xoves 27 levarase a cabo a última conferencia, sobre deterioro cognitivo e envellecemento, á cargo do médico especialista en Neuroloxía Luis López Díaz.
O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, anunciou que “vimos de presentar hoxe a mediodía, un ano máis, as charlas médicas que se realizan no concello de Foz no mes de novembro, concretamente tódolos xoves a partir das 8 da tarde. Agradecer, por suposto, a presenza nesta presentación de Paco Soriano, xerente do Hospital da Costa, de Burela, quen quixo avanzar con nós as tres charlas que se van a dar. O día 13 a primeira charla será sobre o presente e o futuro do Hospital da Costa, de Burela, aproveitando o anuncio de ampliación deste hospital xa para 2015, polo cal todos nos congratulamos. Para o día 20 temos a charla sobre enfermidades asociadas á idade, na que nos acompañará a doutora Clara Fernández, especialista en Medicina Interna. E remataremos o día 27 coa charla deterioro cognitivo e envellecemento que dará o doutor Luís López, especialista en Neuroloxía”.
Para o rexedor municipal “trátase de tres charlas moi interesantes, que coma tódolos anos seguro que teñen moitísima participación de público por parte de veciños focenses interesados no que é a medicina e nestas charlas que serven de acercamento ao que é realmente o Hospital da Costa, tanto para os nosos veciños coma para todos os dos demais municipios da Mariña que estean interesados neste tipo de charlas. Dende o Concello invitamos a todos eles e seguimos a agradecer ao Hospital da Costa a súa labor formativa e o seu compromiso co concello de Foz. E tamén queremos aproveitar a ocasión para agradecer a tódolos facultativos do Hospital da Costa a súa labor excepcional que tódolos médicos e enfermeiras están facendo neste hospital, que dende logo ten moito futuro e é moi importante para os veciños de Foz, igual que para o resto de veciños da Mariña.”






















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



