Burela, 11 de novembro de 2014. O alcalde de Burela, José María González Barcia, reuniuse este martes pola mañá na sede do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, co director xeral de Industrias Alimentarias, Fernando José Burgaz Moreno, co obxectivo de analizar vías de cooperación e financiamento para a celebración da vindeira edición da feira Expomar, prevista para maio de 2015. O responsable municipal valorou positivamente a xuntanza.
O rexedor explicou que “na mañá de hoxe, e na sede do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, mantivemos unha reunión co director xeral de Industrias Alimentarias, Fernando Burgaz Moreno, para ver as vías de cooperación e colaboración entre o Ministerio de Agricultura e a Fundación Expomar de cara á celebración da feira náutico-pesqueira do mesmo nome, que terá lugar en maio do vindeiro ano 2015. A entrevista creo que foi positiva, porque efectivamente se mostrou disposición por parte do director xeral de colaborar coa Fundación Expomar e de apoiar a feira para o próximo ano. Sempre dentro dunhas canles que eles van ver agora para saber cales son as máis axeitadas para o propio Ministerio, de cara a buscar esa colaboración que todos pretendemos”.
González Barcia destacou que “persoalmente eu teño que agradecerlle ao secretario xeral de Pesca do Ministerio, Andrés Hermida, a súa boa disposición para que a colaboración entre o Ministerio e a Fundación Expomar vaia por bo camiño. Na reunión de hoxe acordamos que persoal da propia Dirección Xeral de Industrias Alimentarias se poña en contacto coa Fundación Expomar para falar sobre as características, programa, e demais, que vai ter a feira. E así, establecer uns vehículos de colaboración que ben poden pasar por unha achega económica de forma directa, ou ben pola colocación ou patrocinio de stands, que sen dúbida algunha repercutirían beneficiosamente na feira”.
O alcalde de Burela afirmou que “coa reunión de hoxe xa temos abertos dous camiños de colaboración, un coa Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar, e outro co goberno do Estado a través do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente,e n concreto, coa Dirección Xeral de Industrias Alimentarias. Penso que con este apoio institucional, organizativo e de carácter económico, a feira pode resultar un éxito”.





















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



