Ribadeo, 13 de novembro de 2014. O libro dedicado aos atractivos turísticos da provincia de Lugo La playa de Las Catedrales y sus entornos, cuxos autores son os xornalistas Carmen Cruzado e Beni Mántaras, acaba de poñerse á venda no Parador de Turismo de Ribadeo. Este establecemento ten a publicación no espazo dedicado a recordos desta zona para os seus clientes. O libro pode comprarse nunha vintena de establecementos da Mariña, Lugo e Monforte de Lemos e tamén por internet, concretamente a través da páxina web da Libraría Baía, de Foz, que ten tenda on line: www.libreriabahia.com.
A praia de Las Catedrales e os seus ámbitos é un libro de 160 páxinas con outras tantas fotografías e textos (en galego e castelán) dedicados aos principais atractivos turísticos da provincia de Lugo, nun percorrido que empeza no famoso areal ribadense coñecido como As Catedrais e que finaliza na Ribeira Sacra, concretamente nos Canóns do Sil. Está prologado pola prestixiosa xornalista viaxeira Esther Eiros (lucense afincada en Barcelona, dende onde presenta e dirixe o programa Gente Viajera, en Onda Cero Raio).
A publicación foi editada grazas á colaboración das institucións, empresas e colectivos que confiaron neste proxecto, que é unha realidade dende o pasado 18 de xullo. Ese foi o día que saíu da imprenta e nesa mesma xornada xa se puxo á venda na Feira do Libro de Ribadeo, na caseta da libraría ribadense Vivín. Cinco días despois, o 23 de xullo, tivo lugar a súa presentación nun acto celebrado no Parador de Turismo de Ribadeo. O 16 de agosto Beni Mántaras e Carmen Cruzado asinaron exemplares na Feira do Libro de Viveiro, concretamente na caseta da libraría Lector Nobel, de Burela. E o 29 de agosto La praia de Las Catedrales e os seus ámbitos foi presentado na Feira do Libro de Foz.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



