O Burela FS Pescados Rubén medirase este sábado, na décima xornada de Primeira División RFEF, ao Gironella, penúltimo clasificado (municipal, 17.30 horas). O cadro laranxa puxo rumbo este venres, ás 08.00 horas, nun dos seus desprazamentos máis esgotadores coas ausencias de Gaby, por lesión, e Kiko, por enfermidade, que xa non entraron na convocatoria da semana pasada coa vitoria fronte ao Alcorcón (3-2).
Dende a terceira Praza (21 puntos), o equipo mariñán saltará á pista dun rival que posúe 4 puntos, froito do empate en Majadahonda (2-2, 5ª xornada) e da vitoria como anfitrión ante o Orvina (2-0, 8ª xornada). O Burela FS pelexará polo seu sétimo triunfo consecutivo, mantendo intensidade e orde, ante un equipo con ganas de saír da zona de perigo, guerrilleiro e con xogadoras que saben marcar moi ben os tempos dos partidos.
Na zona alta da táboa, o compromiso das burelistas será o máis desequilibrado a priori. Esta semana o cuarto clasificado, Ourense (19 puntos), recibirá o líder, Atlético de Madrid Navalcarnero (27 puntos), e Cidade das Burgas (24 puntos) defenderá a segunda praza na casa fronte ao Alcorcón (16 puntos), quinto clasificado.
Burela Pescados Rubén: 1. Jozi 3. Cristina, 5. Claudia, 7. Peque, 10. Lara, 13. Patri, 14. Bea Mateos, 17. Maite, 18. Shiori, 19. Paula, 20. Tainã
XXIV Copa Galicia
O Burela FS Pescados Rubén verase as caras na segunda eliminatoria da Copa Galicia co Cidade das Burgas, que se deberá disputar entre o 23 de novembro e 19 de decembro, a partido único, coincidindo coa parada da liga de Primeira División RFEF polo Campionato Mundial de Fútbol Sala Feminino.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
