Viveiro, 14 de novembro de 2014. Os nacionalistas de Viveiro convocan ás veciñas e veciños a unha “Demolición Simbólica” dos galpóns do muelle vello , que terá lugar o sábado 15 de novembro ás 13.00 horas no propio peirao. Convidan ás veciñas e veciños a levar, casco, pico e pala, co obxetivo de mostrarlle a Portos de Galiza e ao Partido Popular, que estamos fartos das mentiras, dos enganos e de que traten á cidadanía como parvos.
Afirman dende o BNG, que os últimos anuncios do inicio da demolición realizados polo Portavoz do Partido Popular de Viveiro, son un auténtico despropósito, unha mentira á cara das veciñas e veciños, enganando sobre as datas, e unha falta de respecto ao Concello de Viveiro como Institución.
Bernardo Fraga, Portavoz do BNG, declarou “estamos fartos, dos enganos, das mentiras e da manipulación co muelle vello por parte do Partido Popular, fartos de que traten ás veciñas e veciños de Viveiro de parvos, así que se non tiran eles os galpóns, tirarémolos nós, aínda que sexa de forma simbólica”
Os nacionalistas denuncian, que na última visita do Presidente de Portos a Viveiro, na que participou o Sr. Bouza, non sabemos en calidade de qué, anunciaron que os trámites administrativos son longos, e contradín ao propio portavoz do PP de Viveiro cos prazos de execución”. O Partido Popular demostra, que non ten intención clara co muelle vello, non ten proxecto, están rexidos pola improvisación e buscan facer algún movemento antes das eleccións municipais, para disimular o absoluto abandono no que a Xunta de Galicia ten ao Concello de Viveiro.




















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



