Lourenzá, 18 de novembro de 2014. Hoxe abriuse o prazo para que os comerciantes que desexen participar no II Mercado de Nadal de Lourenzá poidan facelo inscribíndose antes do 5 de decembro no teléfono 658.04.40.39. Este mercado está organizado pola asociación de comerciantes, industrias e autónomos de Lourenzá (ACIAL) en colaboración co Concello e levarase a cabo o fin de semana do 20 e 21 de decembro. Nel poderán participar tódolos membros da asociación de comerciantes, que non precisarán levar a cabo inscrición algunha. Os que si terán que apuntarse son tanto os veciños que se dediquen a calquera actividade comercial na vila sen estar asociados a ACIAL como os comerciantes que procedan de fóra de Lourenzá, sempre e cando leven a cabo unha actividade novidosa, que non estea xa representada neste mercado.
A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, anunciou que “o fin de semana do 20 e 21 de decembro celebrarase en Lourenzá o II Mercado de Nadal, que está organizado pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá en colaboración co Concello. Para levar a cabo este mercado ábrese un prazo agora para que a xente de fóra do concello ou mesmo xente que ten os seus establecementos no concello pero que por calquera motivo non está dado aínda de alta na asociación de comerciantes poidan inscribirse e expoñer os seus produtos neste mercado, no que paralelamente se fan outro tipo de actividades. O prazo para aquelas persoas que queiran anotarse remata o 5 de decembro e terán que poñerse en contacto coa tesoureira da Asociación de Comerciantes, Lucía Cajoto, no teléfono 658.04.40.39”.
A rexedora municipal aclarou que “as prazas están reservadas para aqueles comerciantes que non xeren a mesma actividade cos que xa están no noso concello e van a estar presentes neste mercado”.






















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



