Maceda (Ourense) acolleu este domingo 16 de novembro a última proba desta temporada da Liga Galega da Moto de Campo na que competiron os dous pilotos do Enduro Team Galipizza&Cía, Santi Chao -Veteranos PRO 4T- e Manuel Grandío -en Open 2T-.
O día presentabase complicado debido á grande cantidade de auga caída nos días anteriores e mesmo no día da proba, o que facía que todo o monte acumulase gran cantidade de auga, e se rompera moito o terreo en todo o seu percorrido e, sobretodo, nos tramos cronometrados.
Ó final unha pequena avería mecánica apartaba a Manuel dos postos dianteiros; pero era capaz de acabar a proba nun sétimo posto.
Pola súa parte, Santi rodou toda a xornada nos postos de cabeza, e aínda que os tempos das cronos o situaban no terceiro posto do caixón, unha penalización de 2 minutos no último sector, facíanlle perder un posto e acababa a proba en cuarto posto.
Con esta carreira o equipo pon punto final a temporada 2014, no que acadaron postos altos en moitas das probas; pero que as lesións no caso de Santi e a mala sorte coas avarías no caso de Manuel fan que se alonxaran dos postos dianteiros da clasificación xeral do campionato.
Aínda con todo isto o equipo valora a tempada de maneira moi positiva; xa que estiveron situados a moi alto nivel en moitas probas, algunhas delas con gran renome internacional como foi a Extreme Porto Lagares 2014.
“Só queda agradecer o gran apoio prestado polo grupo GALIPIZZA&CÍA que fixo que todo isto fora posible, co seu apoio incondicional a este deporte que cada día conta con máis adeptos dentro do noso concello. Así mesmo, agradecer tamén a adhesivosembarrados.com e máis a Asociación Viveiro Enduro.