Burela, 21-11-14.- O Burela FS Pescados Rubén disputará na tarde deste venres a 11ª xornada de Primeira División LNFS na casa do Uruguay Tenerife FS, un conxunto que atravesa unha situación complicada tras a imputación do seu xa expresidente, Andrés Hernández Pedreira, por malversación, coa consecuente marcha de moitos dos seus xogadores. O club canario regresa esta semana ao municipal dos Deportes esperando aos laranxas para saltar á pista ás 21.30 horas (horario peninsular).
Os pupilos de Juanlu buscarán a súa quinta vitoria consecutiva fronte ao duodécimo clasificado (9 puntos), nunha cita enganosa. “É un equipo moi cambiado, que terá que tirar de xogadores do filial tra a saída de referencias como Kike Barroso, Víctor Suazo, Lolo Suazo, Carlos Corvo ou Pedro Toro; pero isto é un arma de dobre fío porque estarán arroupados pola afección e están nun momento de compromiso e motivación moi alto”. “Nós debemos seguir pensando partido a partido, estamos moi xustos de efectivos e calquera contratempo extra pódenos poñer as cousas moi difíciles” puntualizaba o técnico laranxa.
Na expedición burelista non viaxou Jorge Bellvert, por lesión.
Convocatoria Uruguay Tenerife FS: Iago Barro, Jose Luis Gomis, Pablo González, Jesús Murga, Javi Rodríguez, Josué Cancio, Luis Jara, Aythami, Adrián, Javi Díaz, Edu Santana (convocatoria provisional facilitada por Prensa de Uruguay Tenerife)
Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 10. Matamoros, 11.Chano, 13. Álex, 14. Miguel, 17. Carlitos, 23. Antoñito, 27. Renato, 29. Ángel, 30 Hélder




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
