Burela, 27 de novembro de 2014. O alcalde burelés, José Mª González Barcia, subliñou este xoves que a demora para facer unha resonancia agora mesmo no equipo móbil que ven ao Hospital da Costa é de 45 días, cifra que se viu reducida de xeito importante nos dous últimos anos. E cualificou de cortina de fume e de debate ficticio a presentación dunha moción por parte do PSOE sobre o protocolo de xeonllo, a petición de resonancia magnética para o Hospital da Costa e que se garanta unha sanidade gratuíta e pública para todos.
O rexedor explicou que “no pleno da Corporación Municipal de Burela celebrado hoxe foi rexeitada, cos votos dos concelleiros do goberno municipal do PP, a moción presentada polo PSOE sobre o protocolo de xeonllo, a petición de resonancia magnética para o Hospital da Costa e o de garantir a sanidade gratuíta e pública para todos. Non deixa de ser curioso que agora o PSOE e o Bloque pidan unha resonancia magnética estable, porque eu non lles escoitei dicir nada disto na época do bipartito, cando era conselleira de Sanidade María José Rubio. Naquel momento chegaba e sobraba coa resonancia magnética móbil”.
González Barcia sinalou que “pedir a resonancia magnética estable no hospital pareceríanos ben sempre e cando non estivese en marcha o proceso de ampliación deste centro hospitalrio. Pero como é así non nos parece de recibo solicitar este tema, máxime tendo en conta que se vincula co protocolo de xeonllo, que está establecido de común acordo cos médicos de primaria e que non reforza para nada a sanidade privada porque o cupo de persoas que hai para atender en Polusa un día á semana é de 9 a 10 como máximo. Polo tanto nós cremos que realmente é unha vantaxe; é dicir, patoloxías de xeonllo que poden ter unha certa urxencia poden atenderse en Lugo, se quere o paciente. Trátase do mesmo caso que ocorría durante o bipartito coas cataratas, cando se os pacientes querían operarse rápido eran desviados a Lugo, a Polusa, que recibía todas as operacións de cataratas desviadas dende o Hospital da Costa”.
Para o alcalde de Burela “este debate é completamente ficticio, porque aquí non se está desmontando absolutamente nada nin se lle dá prioridade a Polusa sobre o Hospital da Costa. É máis, cónstame que no Hospital da Costa este tema vese con bos ollos porque os pacientes virían xa cun protocolo previo concluído, ao ser tratados por un especialista de Traumatoloxía. Evidentemente se se trata de axilizar probas, diagnósticos e solucións benvido sexa o protocolo”. E aclarou que “non é certo que haxa demoras de 65 días para as resonancias, porque o equipo para facelas as veces está en Burela ata dúas semanas e a demora para facer unha resonancia agora mesmo no equipo móbil que ven a Burela é de 45 días, que entra dentro dunha certa lóxica. Se se trata de resonancias que son urxentes evidentemente fanse con máis celeridade. En todo caso reduciuse á metade a lista de espera para as resonancias dende hai dous anos. Co cal sinceramente creo que non está nada mal”.
González Barcia pídelles aos partidos da oposición que “non volvan tratar de confundir á xente con que se desmantela o hospital senón todo o contrario: o hospital vai seguir crecendo a pesar do que estes señores queiran dicir. E soa un pouco chocante que a xente do PSOE fale de privatizacións na sanidade porque cando eles estaban gobernando na Xunta de Galicia tamén facían concertos coa sanidade privada, pois as operacións de cataratas centralizábanas practicamente todas no Polusa. É máis desviaban á xente de Lugo para operarse de cataratas ao hospital San Rafael, da Coruña. Aos de aquí mandábanos a Polusa e aos de Lugo desviábanos a centros da Coruña”.
O alcalde burelés engadiu que “isto é unha auténtica cortina de fume que ven a descubrir que esta xente co tema da sanidade agárrase a un cravo ardendo e chegan ao descaro de que o señor Besteiro aprovéitase dos enfermos de cancro para sacarse a foto, na célebre rota do cancro o día no que a xuíz De Lara entrou na Deputación. Eu creo que para un político que se prece non é de recibo usar as caras dos enfermos para facer política. Creo que é bastante desagradable e impresentable, sobre todo cunha enfermidade coma esta”.


























O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
A semifinal do Mundial poderá seguirse este martes ás 21.00 horas na Praza Maior.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.



