Foz, 3 de decembro de 2014. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz, en colaboración coa Federación de Comercio de Lugo, organiza para a vindeira fin de semana os días 5, 6 e 7 de decembro a I Festa da Croqueta. Unha actividade que coincide coa ponte da Constitución e da Inmaculada e que conta coa participación de quince restaurantes e locais hostaleiros focenses. Neles poderanse degustar pinchos, tapas e racións de croquetas, elaboradas con diferentes produtos tanto do mar coma da horta.
Os veciños poderán gozar desta I Festa da Croqueta en calquera dos seguintes bares e restaurantes focenses, participantes nesta iniciativa gastronómica: O Lar, A Funcional, O Sera, Restaurante Bar Acuario, Bar 78, O Tangarte, Tangarte Mariñeiro, Restaurante Dandy, Casa Damián, Pizzería Xoíña, A Rula, Cafetería Confitería Anduriña, Restaurante Costumes do Mar, Marexada e A Bolera.
ACIA/CCA Foz tamén informa que o comercio da localidade abrirá as súas portas o vindeiro sábado, 6 de decembro.
























O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
A semifinal do Mundial poderá seguirse este martes ás 21.00 horas na Praza Maior.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.



