Caxigueiro participa en dúas interesantes exposicións nos vindeiros días: unha en Ferrol e outra en Pontevedra.
“Fóra de Campo”, que será inaugurada este venres 5 de decembro a partir das 20.00 horas na galería Sargadelos de Ferrol, tamén cotan coa colaboración doutros creadores da Mariña coma Nachok, de Lourenzá, e Ernesto Torterolo, de Mondoñedo; ademais de Eduardo Estévez.
Esta mostra nace como un proxecto colectivo co que se pretende reflexionar ao redor da fotografía e os seus límites. Os artistas propoñen un achegamento a esta disciplina explorando as posibilidades que poden ofrecer outras linguaxes artísticas (pintura, escultura, videocreación e poesía) na procura de lecturas menos convencionais.
‘Do papel ao xesto’
E no Pazo da Cultura de Ponteverdra, poderase ver entre o 5 e o 7 de decembro, durante o Culturgal, outra mostra que recolle un total de 50 artistas e poetas visuais que traballan cos libros para os transformar en obxectos artísticos.
Esta é a base de ‘Do papel ao xesto’ que se organiza en tres grupos: libros intervidos, libros construídos e libros reinterpretados.