BARREIROS, 3 DE DECEMBRO DE 2014.- Os socialistas de Barreiros esixen ao alcalde que busque unha solución inmediata ao estado no que se atopan os baños do centro de saúde, pois o seu teito corre o risco de derrubarse. Neste senso, a secretaria xeral do PSOE neste municipio –Carmen Veiga- considera que “o arranxo non pode esperar máis, xa que calquera día a cuberta pode virse abaixo e, por tanto, pode causar graves danos ao usuarios que cada día acoden ao centro para ser atendidos”.
“Estamos convencidos de que o Sr. Fuente Parga é coñecedor do problema pero, lamentablemente, sigue mirando para outro lado. Esixímoslle que actúe con rapidez. E é que non ten escusa para actuar, pois velar pola seguridade dos veciños é unha competencia propia dun alcalde”. Neste senso, a socialista pídelle “altura de miras”, e dado que no Pleno celebrado o pasado luns se aprobou a cesión do centro ao SERGAS, insta ao rexedor a “non desperdiciar a oportunidade para reclamar á Xunta de Galicia o arranxo inmediato”.
Deixación de funcións
As deficiencias e o abandono que presenta o centro de saúde “non é un feito illado e constatable”, segundo subliña Veiga, senón que é “unha mostra máis da desidia e do pasotismo aos que nos ten acostumados o Sr. Fuente Parga, e que están a provocar unha desatención notable dos espazos públicos do municipio”.
Concretamente, os socialistas veñen denunciado esta “deixación de funcións” dende hai meses. Primeiro foi, lembran, os continuos cortes de auga que sofren os veciños de parroquias como a Santiago de Reinante. Segundo, o abandono no que o concello mantén algunhas instalacións como o parque infantil, situado nas inmediacións da praia Anguieira, e no que o concello aplicou un herbicida que, “cando menos, foi unha actitude irrespetuosa co medio ambiente”. Asimesmo, en Celeiro de Mariñaos, o interior da antiga casa do cura, “semella ser máis unha selva africana e un vertedoiro incontrolado que outra cousa”.
“Este descoido”, indica, repítese tamén na zona do parque empresarial, onde a maleza chega a tal punto que este verán supuxo unha clara amenaza para os incendios.






















Este ano, como novidade, as crianzas participantes neste programa están a desfrutar de sesións de inglés dunha forma lúdica, dinámica e divertida, grazas á colaboración da English School de San Cibrao. A través de xogos, cancións, actividades participativas e moita creatividade, os nenos e nenas reforzan a aprendizaxe do inglés nun ambiente distendido, fomentando a comunicación, a curiosidade e a confianza para expresarse noutra lingua.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.



