Valadouro 4 de decembro de 2014.- José Manuel Lamela, encabezará a candidatura do Partido Popular á Alcaldía de O Valadouro. Así o anunciou este xoves o líder dos populares lucenses, José Manuel Barreiro nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polo secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro e do alcaldable.
Barreiro manifestou que fronte ao espectáculo que está a protagonizar o tripartito, o Partido Popular presenta unha persoa seria, leal e estable para culminar o proxecto iniciado fai algo máis de tres anos, cando os veciños lle outorgaron a súa confianza e fixeron posible a vitoria electoral, convertendo á formación política popular na lista máis votada.
Os populares aseguran que O Valadouro merece unha estabilidade política fronte á división, o caos e ás liortas permanentes, que representa o actual Goberno, “incapaz de configurarse como alternativa” .
O presidente provincial lembrou que foi un pacto económico entre mercaderes o que privou a José Manuel Lamela de continuar servindo aos veciños; “un pacto ante notario e unha cláusula de 100.000 euros asinada entre PSOE e UDIVAL, coa total complicidade e apoio do BNG, foi o que en 2013 desaloxou da alcaldía á persoa que elixiron os cidadáns”.- manifestou Barreiro.
Pola súa banda, o recén presentado alcaldable, José Manuel Lamela manifestou que o pacto entre PSOE, UDIVAL e BNG está roto e manifestou que proba diso está en que na pasada sesión plenaria municipal o nacionalistas e UDIVAL uniron os seus votos aos do PP para rexeitar os orzamentos para 2015.
“En menos de ano e medio, este novo goberno xa se desfixo”- manifestou Lamela, quen non mostrou sorpresa e dixo que se viñan a confirmar as reiteradas afirmacións do PP.
Dixo Lamela que o tripartito demostrou que dende que está no poder, O Valadouro nunca tivo un Goberno senón que demostrou ser un auténtico desgoberno. Lamentou que sexan os veciños os prexudicados e que teñan que soportar as continuas liortas e enfrontamentos deste desgoberno.
BIOGRAFÍA E TRAXECTORIA POLÍTICA
José Manuel Lamela naceu en O Valadouro en 1953. É un político cunha longa traxectoria na responsabilidade e xestión municipal. Dende o ano 1999 é concelleiro polo PP nesta localidade.
Mestre Industrial, nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PP á alcaldía do Valadouro e, logo de obter este importante apoio veciñal foi elixido alcalde como cabeza da lista da formación política máis votada, responsabilidade que exerceu ata que tivo lugar a moción de censura.





















O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.



