CERVO.- O grupo de goberno do Concello de Cervo quere “recoñecer e premiar os servizos extraordinarios para o municipio realizados de maneira pública” para o que propón redactar un regulamento de honores. Con dito regulamento “pretende crear as figuras de Fillo Predilecto e Fillo Adoptivo”.
Nota de Prensa
O regulamento pretende crear as figuras de Fillo Predilecto e Fillo Adoptivo
O CONCELLO DE CERVO CREARÁ UN REGULAMENTO DE HONORES PARA PREMIAR A LABOR POLO MUNICIPIO
* A proposta do grupo de Goberno local levarase a pleno o vindeiro luns xunto con outros 11 puntos máis
* A corporación cervense tamén terá que posicionarse sobre o trazado da autovía Barreiros-San Ciprián
Cervo, 15 de agosto de 2009- Co obxectivo de recoñecer e premiar os servizos extraordinarios para o municipio realizados de maneira pública, o grupo de Goberno do Concello de Cervo considerou necesario que a institución municipal dispuxese dunha regulación oportuna que avalase tales recoñecementos. Para isto, o Concello elaborou un Regulamento de honras e distincións que se levará para a súa aprobación definitiva na sesión plenaria do vindeiro luns, 17 de agosto. Con este Regulamento darase, pois, cobertura legal a dúas categorías diferentes coas que recoñecer actuacións que poidan ser merecedoras dunha distinción: os títulos de fillo predilecto e fillo adoptivo.
Cos títulos de fillo predilecto (naturais do municipio) e adoptivo (non nacidos en Cervo), a institución municipal pretende homenaxear a persoas que, de forma extraordinaria, destacasen polas súas calidades persoais, profesionais e, particularmente, polos seus servizos a favor da mellora de Cervo.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, xustificou a creación do regulamento á necesidade de liquidar o baleiro que impedía poder facer un recoñecemento a xentes do municipio ou de fóra que tiveron ou teñen un peso específico no desenvolvemento de Cervo. “A filosofía desta iniciativa é facer un recoñecemento a esa xente que nalgúns casos non tivo a oportunidade de recibir unha homenaxe por todo o que teñen feito polo noso concello e hai moitos que o merecen”, explicou o rexedor.
En mente da institución municipal xa figuran diferentes personalidades ás que outorgar as primeiras distincións, aínda que Alfonso Villares prefire, por agora, mantelas no anonimato en tanto que debe haber primeiro o acordo para aprobar a posta en marcha do devandito Regulamento.
Autovía
Outro dos temas que se abordarán na sesión plenaria do día 17 será a proposta da alcaldía de posicionamento sobre o trazado da autovía de conexión entre San Ciprián e Barreiros ao seu paso polo concello de Cervo. Esta proposta inclúe tres puntos:
A) Adherirse a todas as alegacións presentadas polos veciños do Concello de Cervo, entre as que figuran os seguintes:
1. O trazado proposto como variante IA2 atravesa a parroquia de San Román illando Burgos da mesma
2. Plantexar modificacións puntuais ao trazado da proposta IA2 no seu paso pola parroquia de San Román, máis en concreto ao seu paso polos núcleos de San Román, O Eixo e O Vilar.
3. No lugar da Senra o trazado proposto como IA2 afecta a un manancial do cal se surten as vivendas do citado núcleo, así como lugares veciños.
4. No lugar de Gondrás o trazado proposto como IA2 afecta a unha canalización de auga que abastece ao citado núcleo e lugares veciños.
5. No caso de que a proposta do novo itinerario non fose aceptada, sería necesario plantear unha modificación puntual do itinerario da opción seleccionada na zona do cruce coa estrada provincial CP-1505, desviando o trazado da autovía un mínimo de 50 metros cara o Norte có fin de que as edificacións existentes nesa zona se vexan prexudicadas o menos posible.
B) Propoñer dende a Corporación un itinerario alternativo partindo do viaducto do Río Cobo, continuando polo lado Sur do Alto da Senra, entre os núcleos de San Román e Rúa, e enlazando coa variante IA6 no túnel de Vilasindre, no concello de Foz.
C) Rexeitar o itinerario da variante IA6, proposta polo Concello de Burela, no seu percorrido polo territorio de Cervo, “xa que afecta de maneira notable á parroquia de San Román”.
Plan Especial de Infraestruturas
Na sesión do vindeiro luns tamén se abordará a aprobación definitiva do Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións municipal. Este plan ten por obxecto -entre outras cousas- facilitar a implantación dun equipamento dotacional destinado a residencia de enfermos mentais e centro de rehabilitación psico-social e laboral no municipio. Alfonso Villares lembrou que esta é unha iniciativa da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña “que dende o Concello apoiamos dende os seus inicios mediante a colaboración e o impulsa das xestións necesarias para levar adiante este proxecto”.























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



