Xoves 4 de decembro. Na súa aposta polo fútbol sala de base, a Fundación Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña coordinará por segundo ano consecutivo a actividade das Seleccións da Mariña de Fútbol Sala, coa fase de clasificación para a final do Campionato Galego de Seleccións Locais, entre o sábado 6 e o luns 8 de decembro. A comarca pelexará fronte a Lugo Sur, A Terra Chá e Lugo coas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.
Benxamíns, alevíns e infantís estrearanse o sábado pola tarde en Chantada para medirse a Lugo Sur. Na intensa xornada do luns, os rivais da Mariña FS serán A Terra Chá e Lugo nos pavillóns de Outeiro de Rei e Ribeiras de Lea; coa incorporación da categoría cadete.
Relación de convocados
Os barreirenses Borja Rocha, Miguel dos Reis e José Alonso son os adestradores da categoría Benxamín, cos xogadores Alejandro Riveira (ED Burela FS), Manuel Joven (Cidade de Viveiro), Miguel Rivas (Maderas Barcia Lourenzá), Roberto Carreiras, Aarón Bermúdez e Abraham Lorenzo (AD Santiago de Foz), Lucas Fanego e Carlos Timiraos (AD Praia de Covas), Brais Vidal e Lucas Manzana (ACD Xove), ademais de Saúl Fuente e Román González (EDM Mondoñedo).
Xoel Trasancos e Brais Pérez (AD Praia de Covas), Jorge Quelle, Víctor Rodríguez e Hugo Balseiro (ED Burela FS), Luis Acebo (Os Fornos-Superti), Sergio González (AD Santiago de Foz), Andrés López (Maderas Barcia Lourenzá), xunto a Hugo Pérez, Javier Alonso, Kevin Castro e Abel Bouza (ACD Xove) compoñen a categoría Alevín, dirixidos polo focego Andrés López e o laurentino Michael Sante.
A categoría Infantil está configurada por Bruno García, Jairo Ares, Yeremay Aisa, Aarón Artime, Diego Luna, Renato Rodrigues, Heurickson Gomes e Nicolau Vizoso (ED Burela FS), José Luis Villar (Ribadeo FS), Yousesef Selouane, Samuel Méndez e Eros Iglesias (EDM Barreiros), co barreirense José Manuel Saa e o burelao Mario Pillado como técnicos.
Adán Casas, Pablo García, Luismi Nieto, Daniel Bertolo, Noé Cabana, Xosé Manuel Cayón e Néstor Valle (Burela FS), Miguel Méndez (Superti A Pontenova), Juan Antonio e David Becerra (EDM Barreiros) defenderán A Mariña Cadete, cos adestradores Christian Fustes, de Foz, e Raúl Lara, de Burela.
Sábado 6 de decembro (Lugo Sur-A Mariña)
Pavillón de Chantada
17.00 horas: Categoría Benxamín
18.00 horas: Categoría Infantil
19.00 horas: Categoría Alevín
Luns 8 de decembro (Terra Chá-A Mariña//Lugo-A Mariña)
Pavillón de Outeiro de Rei
11.00 horas: Terra Chá-A Mariña (Infantil)
12.00 horas: A Mariña-Lugo (Cadete)
16.00 horas: Lugo-A Mariña (Infantil)
17.00 horas: A Mariña-Terra Chá (Cadete)
Pavillón de Ribeiras de Lea, Castro de Rei
11.00 horas: A Mariña-Lugo (Benxamín)
12.00horas: A Mariña-Terra Chá (Alevín)
16.00 horas: A Mariña-Terra Chá (Benxamín)
17.00 horas: Lugo-A Mariña (Alevín).



















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
