A Peña Barcelonista San Miguel organiza a súa comida de Nadal para o vindeiro sábado 20 de decembro. Será no restaurante Oliñas do Mar de Benquerencia – Barreiros (Lugo). Haberá varios menús a elixir e os prezos serán de 10 € para socios e acompañantes e 15 € para non socios. Tamén haberá un menú infantil. Os peñistas aproveitarán a sobremesa para ver por tv o partido de liga FC Barcelona – Granada, que se disputará ese mesmo día a partir das 16.00 horas. Os interesados en participar nesta comida poden contactar por teléfono a través do 625 821 044 ou a por correo electrónico no enderezo pbsanmiguel@yahoo.es.
Comida de Nadal da Peña Barcelonista San Miguel
Comida de Nadal da Peña Barcelonista San Miguel
Relacionado
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional
-
Esta fin de semana a Bolera Municipal de Sumoas, Xove, acollerá unha cita deportiva de máximo nivel: o Campionato de España Feminino Iberdrola, nas modalidades individual e por parellas
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba