Foz, 12 de decembro de 2014. A Delegación de Cultura do Concello de Foz presentou a súa programación lúdica para este mes de decembro. Haberá dúas obras de teatro para adultos este fin de semana, dentro do ciclo de teatro nas parroquias. A primeira representarase este sábado, á cargo do grupo Pico do Castro no Centro Social de Cangas ás 19.00 horas. A segunda, o domingo ás 20.30 horas, da man da compañía A Adala no local de O Castro de Vilaronte. Ademais, os días 13 e 30 de decembro a programación teatral complétase con dous espectáculos para nenos que se representarán na Sala Bahía a partir das 18.30 horas. O primeiro a cargo de Peter Punk coa obra Peor Imposible, e o segundo baixo a dirección da compañía O elefante elegante coa obra Nuncabunga. A programación cultural complétase coa celebración dun festival benéfico a favor do asilo de anciáns de Foz o día 20 de decembro, na Sala Bahía. Ao día seguinte, o domingo 21 de decembro, terá lugar o XII Encontro de Canto de Coral de Nadal; e o día 25 celebrarase o tradicional concerto de Nadal da Banda de Música de Foz. Será na Sala Bahía a partir das 17.30 horas.
O Concelleiro de Cultura de Foz, Ánxel Paleo, anunciou que “este mes teremos dúas obras de teatro infantís. A primeira delas será este sábado, día 13, na Sala Bahía, a partir das 18.30 da tarde co espectáculo de Peter Punk e a obra Peor Imposible. A obra será gratuíta para tódolos nenos e pais que queiran achegarse. Despois, xa o martes 30 de decembro, teremos o espectáculo tamén infantil e para tódolos públicos que nos trae a compañía O elefante elegante coa obra Nuncabunga. Tamén será na Sala Bahía a partir das 18.30 da tarde. Ademais, este mes acabará o ciclo de teatro nas parroquias, que remata este domingo co grupo Pico do Castro no Centro Social de Cangas a partir das 19.00 horas, e máis o grupo de teatro A Adala que estará o sábado ás 20.30 no local de O Castro, en Vilaronte”.
Ánxel Paleo engadiu que “as actividades organizadas para este Nadal en Foz complétanse co festival en beneficio do asilo de anciáns, que terá lugar o sábado día 20 a partir das 18.30 horas da tarde na Sala Bahía. Alí cobrarase unha pequena entrada, que servirá de doazón para o asilo de anciáns. Logo, xa o domingo 21, tamén ás 18.30 horas na Sala Bahía, será o XII Encontro de Canto de Coral de Nadal. Diferentes corais de Foz e das parroquias, participarán en dito encontro. Posteriormente, o día 25, que é xoves e o día de Nadal, teremos o concerto de Nadal da Banda de Música de Foz. Aquí volverase a esta data do día 25, xa que en anos anteriores celebrábase noutras datas, pero recuperouse ao mesmo día que se facía anteriormente. Este será ás 8 da tarde na Igrexa Parroquial de Foz. E, para rematar, quedaranos una foliada, o sábado 27 na Sala Bahía ás 5 e media da tarde, organizada por A Subela. E con isto remata a actividade cultural do Concello de Foz para este mes de decembro, que espero sexa do agrado de todos e que poidan asistir aos actos que máis lles gusten”.




















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



