NOTA DE PRENSA (FNC)
O BNG CONSIDERA QUE O CONCELLO TEN OS MESMOS PROBLEMAS DE APARCADOIROS DESDE HAI 40 ANOS. ANTONIO VEIGA PÍDELLE AO PP E AO ALCALDE QUE SE POÑAN AS PILAS E QUE CREEN DOTACIÓNS ORDEANDO O TERRITORIO.
Barreiros, 18 de agosto de 2009. O portavoz do Bloque Nacionalista Galego en Barreiros, Antonio Veiga, sinalou que o concello ten os mesmos problemas de aparcadoiros desde hai 40 anos e engadiu que o único que fai o equipo de goberno tódolos veráns é alquilar fincas para suplir esas carencias. Terreos que non están controlados e nos que ata algúns aproveitan para facer camping.
O BNG realiza hoxe diversas puntualizacións con respecto á polémica suscitada polo alcalde sobre as sancións que por parte de Tráfico se están poñendo na zona de praias de Barreiros. Veiga Outeiro sinala que “esto que está ocurrindo en Barreiros leva sucedendo ano tras ano. Barreiros ten os mesmos servizos a nivel de infraestructuras, a nivel de rede viaria e a nivel de aparcadoiros que hai cuarenta anos. Eu creo que as forzas de seguridade cumpren o seu cometido para evitar tamén que por parte dos conductores se produzan atropelos, porque en toda a zona de praia non hai un só vial con beirarrúas e todo esto non vai ser só responsabilidade da Subdelegación do Goberno, polo tanto eu creo que Alfonso Fuente ten que mirar para dentro e ver que se pode facer”.
Antonio Veiga lembrou que “no concello de Barreiros invertíronse en paseos marítimos máis de 2.000 millóns de pesetas, temos dende o MobyDick, en Altar, ata a Yenka, en Reinante, todo cheo de paseos pero non temos aparcadoiros. O responsable deso é o Partido Popular, sexa Alfonso Fuente ou quen o precedeu, a responsabilidade é do PP, e é algo no que insistiu moito o BNG. Curiosamente cada verán hai que alquilar dez fincas para habilitar uns aparcadoiros que nin sequera están controlados, fan a función de aparcadoiro e tamén de camping, porque ata as autocaravanas fan camping sen control e tamén se poñen vallas publicitarias. Esta é a solución que en todos estes anos deu o PP a este problema que vimos arrastrando nas últimas décadas. Todos os veráns no concello de Barreiros hai ese mismo problema, que non é novo, entón quen se ten que poñer as pilas é Alfonso Fuente e o PP”.
O voceiro do BNG en Barreiros dixo que “haberá que buscar dotacións, haberá que ordear o territorio municipal de Barreiros e para eso haberá que facer un Plan Xeral para ver onde se concentran as casas, onde están os viais, onde os aparcadoiros e onde están os servizos. Nestes dous anos que leva gobernando por enésima vez no Concello de Barreiros, a ver cales foron as solucións que aportou porque a crítica é moi fácil e dicir que é moi fastidiado que nos sancionen… é algo que pode vender moito pero non soluciona o problema”.
Veiga engadiu que “dende o BNG estamos para solucionarlles os problemas aos veciños polo tanto o PP ten que facer outro tanto, solucionar os problemas aos veciños de Barreiros que é o que non ven facendo en todos estes anos. Menos saír na prensa e máis traballar”.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



