Cervo, 15 de decembro de 2014- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Begoña Alonso, presentaron este luns o calendario para o ano 2015 que edita o Concello, que xa está preparado e que estará nos fogares dos cervenses ao longo desta semana. Un almanaque que inclúe un total de 18 fotografías antigas, en cor, datadas entre finais dos anos 60 e finais dos 80 e nas que se atopan representados diversos momentos da realidade social, deportiva, cultural e festiva do municipio naquela época. Desta maneira, mantense o carácter histórico do calendario.
En concreto, pódense ver fotografías de grupo en torneos deportivos, xuntanzas de asociacións, o Entroido, fotos escolares, a VI Queimada de Cervo, vodas, panorámicas e ata o afundimento dunha embarcación nas Illas dos Farillóns. Unhas imaxes que, ademais, falan das tradicións e os costumes locais ou incluso da configuración do territorio en décadas pasadas.
Destacar que o Concello leva dende o 2007 elaborando o seu propio calendario, sempre coa colaboración dos veciños, que son os que ceden de forma voluntaria e altruísta as súas fotografías. “A todos ellos, tanto a los que han hecho posible el calendario de 2015 como a todos los que han colaborado en las anteriores ediciones, algunos de forma continuada, les damos las gracias por compartir sus recuerdos con todos los vecinos de Cervo” asegura a edil de Cultura.
O Concello imprimiu 2.200 exemplares deste calendario que será enviado a través de Correos a todos os fogares do municipio pero tamén a comercios e asociacións, reservando algúns para aquelas persoas que queiran solicitalo ou que non o recibisen no deu domicilio. Un almanaque que, ademais, inclúe información sobre as festas do municipio, os días festivos, algunhas datas sinaladas e días de celebracións internacionais. E como é habitual, xunto ao calendario os veciños recibirán unha carta de felicitación na que o alcalde transmite os seus desexos para o novo ano.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



