Santiago, 16 de decembro de 2014.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a modificación da Lei 12/2013 de garantías de prestacións sanitarias para que a Administración autonómica adopte as medidas oportunas e os recursos económicos, humanos e materiais necesarios para que todas as provincias galegas dispoñan de procedementos de hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear, garantindo a equidade na prestación e a libre elección do usuario. No caso concreto da provincia de Lugo, o portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Miguel Santalices, propuxo analizar os datos que recolla no 2015 o rexistro único de morbi-mortalidade por infarto agudo de miocardio (IAM) con parámetros de recollida uniforme para as tres áreas asistenciais de Galicia para adoptar as decisións que se estimen adecuadas para que todos os galegos reciban a mesma atención en calquera punto da comunidade galega.
Na súa intervención, Miguel Santalices fixo referencia a un informe elaborado polos xefes de cardioloxía das áreas asistenciais norte, centro e sur (José Manuel Vázquez Rodríguez, José Ramón González-Juanatey e Andrés Íñiguez Romo, respectivamente) no que se pon de manifesto que “a atención cardiolóxica en Galicia, no ámbito da cardiopatía isquémica, constitúe sen lugar a dúbidas unha das máis avanzadas de España”, xa que “e “existe unha dotación tecnolóxica axeitada completa e ben distribuída xeograficamente”.
O informe explica que na comunidade galega “hai tres unidades de hemodinámica que dan cobertura asistencial as áreas: Norte, A Coruña, Ferrol e Lugo, con 1.070.000 habitantes; centro, Santiago e Pontevedra, con 750.000 habitantes; e sur, Vigo e Ourense, con 950.000 habitantes”. Así mesmo, apuntan que “Hai salas de hemodinámica tamén en Lugo e Ourense. Integradas funcionalmente nas áreas norte e sur, e que funcionan de 8 a 15 horas”.
Supérase o ratio da sala de hemodinámica por habitante
“Constátase que na actualidade Galicia dispón dun modelo de atención, na que a organización dos recursos e os resultados asistenciais están en consonancia coa evidencia científica e coas recomendacións das sociedades científicas, o que permite dispoñer, na nosa comunidade, dunha organización avanzada e resolutiva”, na que “superamos amplamente o ratio de sala de hemodinámica cada 600.000 habitantes que é a recomendación da Sociedade Española de Cardioloxía”, recolle o informe utilizado por Miguel Santalices.
Así mesmo, Santalices destacou que segundo indica este informe “os últimos datos dispoñibles de 2012-13, correspondentes á mortalidade global por infarto agudo de miocardio entre os cidadáns residentes nas provincias de Lugo e A Coruña, non reflicte deferencias significativas e o análise da súa tendencia, recorda que a posta en marcha do Progaliam ten permitido equiparar os resultados en saúde para toda a poboación, independentemente do lugar de residencia e garantindo así a equidade”.
Máis en concreto, os datos da Consellería de Sanidade sobre mortalidade hospitalaria por infarto agudo de miocardio nas provincias de A Coruña e Lugo son os seguintes:
Casos e mortalidade global por infarto agudo de miocardio
Provincia da Coruña:
Pacientes: 1292
Falecementos: 85
Porcentaxe: 6,58
Provincia de Lugo:
Pacientes: 524
Falecementos: 34
Porcentaxe: 6,49
Casos e mortalidade global por infarto agudo de miocardio susceptible de ser atendido con anxioplastia primaria
Provincia da Coruña:
Pacientes: 597
Falecementos: 35
Porcentaxe: 5,86
Provincia de Lugo:
Pacientes: 260
Falecementos: 16
Porcentaxe: 6,15
“Como se pode comprobar, son datos practicamente iguais e non existen polo tanto diferenzas significativas”, manifestou Santalices.
O portavoz popular subliñou que a posta en marcha do rexistro único de morbi-mortalidade por infarto agudo de miocardio, “un paso importante para avaliar e respaldar a toma de decisións”. Este rexistro permitira dispor dunha visión comparativa entre áreas que permitan axustar e ordenar recursos, así como unha mellor recollida de datos, o tempo de demora na realización da anxioplastia, a mortalidade axustada post-anxioplástica superior en tempo a 120 minutos, o transporte utilizado, o tempo de resposta nos infartos con elevación do s.t. e tamén a morte diferida.
Deste xeito, Miguel Santalices propuxo como transacción “analizar os datos recollidos polo rexistro único ao longo de 2015, con parámetros de igual recollida para todas as áreas asistenciais e se reflicten unhas taxas diferentes ou aumento de casuística implantar unha ampliación de xornada de funcionamento das salas de hemodinámica en Lugo e Ourense con parámetros de calidade”.
Respecto da radioterapia, o portavoz popular manifestou que “a decisión da instalación en Lugo xa está tomada e farase a través do socio-tecnolóxico”.
Castiñeira: “É unha garantía de igualdade”
Pola súa banda, o deputado Jaime Castiñeira asegurou que a aprobación desta modificación da Lei “supón unha garantía de igualdade de trato para todos os galegos ante o infarto agudo de miocardio”. Neste sentido, sinalou que o novo rexistro de morbi-mortalidade por IAM “no momento que se detecte que hai diferenzas de mortalidade en Lugo, ou en calquera outra provincia, sería inmediatamente aplicable a ampliación de horarios da hemodinámica”.
Castiñeira lamentou a “falta de respecto e decoro” amosado pola deputada socialista Concepción Burgo respecto dos lucenses que asistían ao debate desde a tribuna do hemiciclo porque “non miran polo ben de Lugo e non lles gusta que os nosos veciños teñan garantidas as mesmas atencións que o resto dos galegos”.
Así mesmo, afirmou que “Castiñeira nin mentiu nin minte respecto a esta iniciativa lexislativa e o que está claro é que os deputados do PP de Lugo votamos esta lei porque se garante a igualdade de dereitos a todos os galegos”. “En Lugo, a pesar do Partido Socialista, temos un dos mellores de hospitais de Galicia grazas aos Goberno do Partido Popular na Xunta de Galicia”, apuntou.





















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



