Lugo, 3 de xaneiro de 2015.- Un total de 6 centros educativos da provincia de Lugo participarán na segunda edición do programa Voluntariado de Lectura A, unha iniciativa impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para promover as actitudes colaborativas e a solidariedade no marco da biblioteca escolar, que se convocou por primeira vez o pasado ano conxuntamente coa Consellería de Traballo e Benestar. Así, ao igual que ocorreu no curso 2013/2014 esta iniciativa está integrada nos programas de voluntariado da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, polo que todos os estudantes participantes recibirán un diploma acreditativo polo seu labor de voluntariado de lectura.
En concreto os centros seleccionados foron os CEIP Ramón Falcón (Castro de Rei), Rosalía de Castro (Lugo), Gregorio Sanz (Ribadeo) e Plurilingüe de Covas (Viveiro); e os CPI de Castroverde (Castroverde), e Virxe do Monte (Cospeito).
Estimular o voluntariado cultural
O programa está dirixido a alumnas e alumnos de 5º e 6º de primaria dos centros educativos públicos e intégrase na estratexia do departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad para dinamizar as bibliotecas escolares como centros de recursos de información, de alfabetización dixital e de dinamización da lectura, tanto para o propio alumnado como para as súas familias, baixo o paraugas do Plan LÍA 2010/2015 de Bibliotecas Escolares para a Lectura, a Información e a Aprendizaxe. O obxectivo é estimular o voluntariado cultural a través de actividades de colaboración na propia biblioteca e mesmo de lectura compartida organizadas dentro ou fóra do centro, coa posibilidade de incorporar a participación de outros sectores da comunidade educativa.
No curso 2013/2014 participaron nesta iniciativa un total de 44 centros educativos, dos que 4 – os CEIP José María Lage (Ortigueira, A Coruña), Plurilingüe de Covas (Viveiro, Lugo), Filomena Dato (Barbadás, Ourense) e Manuel Sieiro (Crecente, Pontevedra)- foron seleccionados para participar nas Xornadas de Convivencia de voluntariado cultural relacionado coa lectura. Neste encontro os participantes asistiron a diversos obradoiros, nos que se incidiu nos valores do voluntariado, con carácter xeral, e nas posibilidades do voluntariado cultural, o cooperativismo, os xogos tradicionais, a narración oral, o labor das ONG, os traballos solidarios e outros; e puideron presentar as actividades desenvolvidas neste aspecto en cadanseu centro.
O profesorado implicado valorou moi positivamente a iniciativa “Voluntariado de lectura-A”, afirmando que o alumnado participante ao longo do curso no grupo de colaboradores da biblioteca escolar adquiriu habilidades sociais e de traballo en equipo, mellorou a súa competencia lingüística, gañou autonomía, aprendeu a tomar decisións en grupo, a organizar actividades pensadas no beneficio dos outros, a ser máis responsable e cumplir cos compromisos adquiridos. En definitiva, colaborar na biblioteca escolar é unha actividade que axuda á formación do alumnado como lector, como estudante e como cidadán.
Modalidades
‘Voluntariado de Lectura-A’ ten tres modalidades: ‘Colaboración coa biblioteca escolar’, ‘Ler con… D’ e ‘Ler con… F’. A primeira delas vai dirixida ao alumnado que forme parte do equipo de colaboradores que xunto co profesorado, e baixo a súa supervisión, contribúen ao bo funcionamento da biblioteca do centro.
Pola súa parte, ‘Ler con… D’ (Lecturas compartidas dentro do centro) vai dirixido aos participantes que desenvolvan actividades de acompañamento na lectura a outros compañeiros ou compañeiras, dentro ou fóra do horario lectivo (as denominadas “apadriñamentos lectores”, ou outras).
No caso de ‘Ler con… F’ (Lecturas compartidas fóra do centro), comprende as actividades de acompañamento na lectura realizadas fóra do centro, tanto con outros nenos e nenas de escolas infantís, outros colexios, biblioteca pública ou institucións do concello, como con anciáns nas residencias de maiores, lectura a enfermos nos hospitais, entre outras. Tamén poderán incluírse neste apartado actividades nas que o alumnado teña unha participación activa na organización e desenvolvemento de actividades de lectura pública na parroquia, a vila ou o barrio.





















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



