Lugo, 7 de xaneiro de 2015. O responsable de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, presentou este mércores as cifras de visitantes que recibiron os centros que compoñen a Rede Museística Provincial, de cuxa xestión se encarga o departamento que dirixe Outeiro. Sumadas as persoas que se pasaron polos catro museos, son un total de 101.557 visitantes os que se achegaron a algún dos edificios da Rede Museística.
Mario Outeiro amosouse moi contento con estas cifras, xa que se rexistrou un incremento de visitas en cada un dos catro museos. “Unha vez pechadas as estatísticas do ano 2014, temos que felicitarnos polo aumento considerable de visitantes en todos os museos que compoñen a Rede Museística Provincial: San Paio de Narla, en Friol; Pazo de Tor, en Monforte; Museo do Mar, en San Cibrao; e o Museo Provincial de Lugo. Rexístrase un aumento de case 9.000 persoas [concretamente 8.960], que supón en termos relativos preto dun 10% [9,66%]”, salientou o delegado de Cultura e Turismo.
O deputado nacionalista quixo felicitar tamén á xerente da Rede Museística, Encarna Lago, e ao resto de traballadores que compoñen as plantillas dos diferentes museos. “Quero agradecer o entusiasmo que poñen os traballadores da Rede Museística na atención ao público e en facer dos catro museos os puntos de referencia cultural da nosa provincia”, indicou.
Incrementos de máis do 20% en San Paio de Narla e no Pazo de Tor
Especialmente salientables son as cifras rexistradas no Museo-Fortaleza San Paio de Narla e no Pazo de Tor. No caso friolense, as visitas medraron das 16.170 do ano 2013 ás 20.077 deste pasado 2014, un total de 3.907 persoas máis, o que supón un 24,16% de aumento. Mentres tanto, polo museo monfortino pasaron 1.281 visitantes máis (de 6.320 a 7.601, un 20,26% máis).
Máis pequenos foron os incrementos porcentuais no Museo Provincial e no Museo do Mar, aínda que en ambos tamén son moi positivas as cifras. O museo de San Cibrao foi visitado por 1.624 persoas máis (de 16.342 no 2013 a 17.966 no 2014), un 9,94% máis, mentres que a galería da cidade amurallada contou con 55.198 visitantes, 2.153 máis que no 2013 (53.765 persoas). Isto supón un aumento do 4%.
Entrada gratuíta e horario moi amplo de apertura
Finalmente, Mario Outeiro lembrou que “a entrada a estes catro museos é totalmente gratuíta e teñen un horario moi amplo de apertura ao público”, afirmou.
CIFRAS DESGLOSADAS
Museo Provincial de Lugo
2014: 55.198
2013: 53.765
Incremento: +2.153 (4%)
Museo-Fortaleza San Paio de Narla
2014: 20.077
2013: 16.170
Incremento: +3.907 (24,16%)
Museo Provincial do Mar
2014: 17.966
2013: 16.342
Incremento: +1.624 (9,94%)
Pazo de Tor
2014: 7.601
2013: 6.320
Incremento: +1.281 (20,26%)
Total visitantes ano 2014: 101.557
Total visitantes ano 2013: 92.597





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



