Lugo, a 12 de xaneiro de 2015.- ADEGA-Lugo dedicará os roteiros de 2015 (período de xaneiro a xuño) ao coñecemento e á reivindicación da posta en valor dos bosques autóctonos de Galicia. Esta proposta entronca coa campaña “Cousa de Raíces”, unha iniciativa de ADEGA na que participan unha manchea de colectivos.
O obxectivo xeral da campaña é impulsar a imperiosa necesidade de conservar o bosque galego, tanto por parte da Administración pública, que vén amosando unha clara pasividade, como da sociedade en xeral. Esta necesidade obedece ao alarmante retroceso que está a experimentar nos últimos anos o bosque galego, coa conseguinte e irreparable perda do seu valor ambiental, económico social, cultural, etc.
Os roteiros contribuirán a que os participantes coñezan e valoren a grande diversidade de masas forestais autóctonas que, pese ás adversas circunstancias, aínda se preservan en Galicia: soutos, fragas, sobreirais, ameneirais, acevais, loureirais, etc. Nalgunhas rutas poderase constatar tamén as serias ameazas ás que se enfrontan estas masas arbóreas, como por exemplo, a fraga de Casas Vellas de Catasós (Lalín), en perigo por unha liña eléctrica, ou o ameneiral de Sarria, ameazado polo Proxecto de encanamento do río desta localidade.
Sen dúbida, a defensa dun recurso natural sempre será máis efectiva cando teñamos a información sobre o mesmo sexa ampla e de primeira man, por iso convidamos a toda a cidadanía galega a compartir con ADEGA e con “Cousa de Raíces” os mesmos obxectivos e defender os bosques galegos.
BOSQUES QUE VISITAREMOS
Cada mes terá lugar un dos roteiros “Cousa de Raíces”:
-25 Xaneiro: Fragas de Catasós (Lalín).
-22 Febreiro: Bosque de ribeira (Sarria).
-22 Marzo: Acevais de Piornedo (Ancares).
-19 Abril: Sobreiral do Arnego (Agolada).
-24 Maio: Bosque de inundación (Begonte).
-14 Xuño: Loureiral de Cortegada (Illas Atlánticas).
COMO PARTICIPAR
Os roteiros están dirixidos a toda a poboación galega e sen exclusión de idade. Son dunha lonxitude non superior ao 15 quilómetros e de xornada completa.
O custe de cada actividade será de 10 euros para socios/as de ADEGA, 15 euros para non socios/as, 12 euros para xubilados, estudantes ou en paro, e 5 euros para menores de 17 anos. As persoas participantes deberán levar para o camiño comida, calzado e roupa axeitados e reservar praza, como mínimo con 3 días de antelación, chamando ao 982240299 ou 679113718, ou enviando un mail cos vosos datos (nome e apelidos e teléfono) a adegalugo@adega.gal.
As saídas do autobús terán lugar ás 9 horas da mañá en todos os casos, agás no roteiro de xuño, cuxa hora de partida será ás 8 horas, fronte a Facultade de Formación do Profesorado (antigo Maxisterio) de Lugo, na Avenida de Ramón Ferreiro.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



