NOTA DE PRENSA
O GMPP considera importante e necesaria a colocación de proteccións para motoristas.
Afirman que PSOE e BNG votaron en contra no mes de Abril.
Os populares lamentan o retraso no arranxo da bionda entre Ril e A Marosa.
O GMPP de Burela afirmou hoxe que considera importante e necesario que o concello coloque proteccións para motoristas na travesía municipal desde A Casilla á saída hacia Cervo, para garantir a seguridade dos motoristas.
Os populares lembran que xa consideraban necesaria e importante esta obra en Abril do presente ano, cando presentaron unha moción ó respecto no concello. En cambio, en Abril nin o PSOE nin o BNG consideraron nin importante nin necesaria esta actuación e votaron en contra, seguramente porque a pedía o PP, o partido máis votado en todos os procesos electorais, e o grupo maioritario na corporación. Con todo, os populares alégranse que o bigoberno caera do guindo e cambiase a súa opinión só catro meses despois, ainda poñendo como disculpa que fan esta actuación a petición dos motoristas.
No que se refire ás estradas da Deputación ó seu paso polo concello, o GMPP lembra que na mesma moción presentada en Abril pasado figuraba a petición á Deputación de acometer actuacións semellantes, pero non só para a estrada de A Marosa, senon tamén para a de Rúa. Agora parece que xa teñen algo falado coa Deputación, como diría o alcalde, e nunca é tarde para arranxar biondas, coma a existente entre Ril e A Marosa. O que hai que lamentar é que a estrada Burela-San Cibrao levaba un ano cun tramo de bionda destrozado e ninguén fixera nada ata agora para arranxala, e eso que o PP fartouse de decilo e os veciños de velo. Eso demostra o pouco cariño que tén o alcalde polo traballo e a rapidez na solución dos problemas: en cáseque todo o alcalde leva retraso, e neste caso un ano sen facer nada de nada.
Polo tanto, os populares consideran que o bigoberno vai a remolque do que propón a oposición. Eso sí, cando o propón a oposición votan en contra, e dalí a uns meses retoman o asunto e tentan adueñarse da idea. Para o GMPP, que tenten adueñarse da idea élle indeferente, o caso é que a leven á práctica na súa integridade.
Finalmente, é interesante saber que o concelleiro de Obras e Servicios está activo, porque nas últimas semanas estaba totalmente escondido. Non deixa de ser patético que este home tivese ultimamente tan pouca actividade, ocupando a delegación que ocupa, a pesares de estar máis no concello ca no seu posto de traballo no Hospital.


















Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



