Lourenzá, 5 de febreiro de 2015. O Concello de Lourenzá tramita dende esta semana as solicitudes de axudas da Consellería de Traballo e Benestar para poder acceder ás prestacións económicas de pagamento único para pais con fillas e fillos menores de 3 anos. O prazo de solicitude estará aberto ata o 14 de marzo. Os interesados poden recibir máis información ou facer os seus trámites nas oficinas dos Servizos Sociais Municipais de Lourenzá, situados no Torreón dos Frades.
Tal e como informou a alcaldesa laurentina, Emma Álvarez Chao, “de acordo co disposto na Orden do 30 de decembro de 2014 pola que se establece a prestación económica de pago único por fillo a cargo de menos de 3 anos de idade, dende o Concello queremos animar a que tódalas persoas que cumpran os requisitos necesarios a que formalicen as súas solicitudes a través da nosa traballadora social ou educadora familiar no Torreón dos Frades. Os requisitos son que se trate de pais que teñan residencia habitual en Galicia e que convivan con seus fillos na data da realización da solicitude. Ademais, cabe resaltar que serán beneficiarios desta prestación aquelas persoas que non teñan feita a declaración da renda do exercicio 2013”.
A rexedora municipal engadiu que “os beneficiarios deberán ter fillos menores de 3 anos a día 1 de xaneiro de 2015, o que quere dicir que nacesen entre o 2 de febreiro do 2012 e o 1 de xaneiro do 2015. Se os pais están separados ou divorciados, deberán ter a custodia dos fillos e si se trata de estranxeiros que residen en Galicia deberán cumprir as condicións da Lei Orgánica 4/2000 sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros”.
A documentación a entregar consistirá na solicitude descargada da sede electrónica e correspondente ao modelo formalizado para esta convocatoria, unha fotocopia do DNI/NIF do solicitante ou do seu cónxuxe ou parella, unha fotocopia do libro de familia ou certificado de nacemento do rexistro civil de cada menor de 3 anos, unha fotocopia da folla da cartilla de aforros do solicitante como titular e un certificado do número de membros da unidade familiar.





















O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



